16 março 2006

Wright, Kieslowsky, Zinnemann


Nestes días de tantos cumpleanos ao meu redor, tamén son os dos cabodanos das tres persoas do título. Morreron hai un, dez e nove anos respectivamente, durante o seu correspondente mes de marzo.
Teresa Wright era unha actriz guapísima, ao meu gusto. Marabillosa sobriña de Joseph Cotten en "Shadow of a doubt", pero onde estaba totalmente namorable era na extraordinaria película "The best years of our lives", onde facía de filla de Fredric March e posterior moza de Dana Andrews. Esa é unha película preciosa, que podes ver moitas veces e nunca cansar. Alí descubrín que o músico compositor de "Georgia on my mind", Hoagy Carmichael, non era preto, senón fraco e branco.
A primeira vez que eu vin unha peli de Kristofsz Kieslowsky foi un sábado pola mañá na tele, posiblemente na Bola de Cristal. Tratábase de "Non amarás" e as imaxes foron tan subyugantes que me encadearon ao sofá durante o tempo da súa emisión. Despois volvín sentir idéntica fascinación vendo "A dobre vida de Verónica". E da triloxía das tres cores, gustoume moito Azul, regulín Branco, e Bermello é para min unha obra mestra absoluta. Como hai tantos gustos como persoas, afortunadamente, recoñezo que a miña admiración por esta última película ten connotacións exclusivamente persoais. Algunha das reaccións de Auguste identifícoas como propias, eu experimenteinas, aínda en contra da miña vontade. E a sensación de estar ante unha copia da propia alma, convertida en celuloide, ata os vínculos de xeito definitivo que un poida ter coa película.
Fred Zinnemann fixo moitas películas boas: "Só ante o perigo, High noon" ou a teatral e para min tamén excelente "A man for all seasons". Pero a que fica na miña memoria é "From here to eternity", cun atractivísimo Burt Lancaster, e os espléndidos Frank Sinatra e Montgomery Clift ( e que malo era Ernest Borgnine). Mais tamén desa película, ademáis do retozón na praia entre Lancster e Kerr, merece lembrarse a Donna Reed, a que fora guapa muller de James Stewart na película de Capra.
Desta película encántame a presentación dos personaxes nada máis principiar: dun xeito moi elegante e económico sabemos que o marido de Deborah Kerr é un fanático do boxeo, que Lancaster é un tipo noble, que Clift é un teimudo, que Kerr non é feliz.
A lenda fala que Mario Puzo basouse nas peripecias de Sinatra para acadar o papel de Maggio para artellar o personaxe de Johnny Fontane na súa novela "O padriño".

3 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

11:04 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Good design!
http://bektjnbc.com/fsin/awky.html | http://bimwfrbu.com/xqvl/agho.html

11:06 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Good design!
http://bektjnbc.com/fsin/awky.html | http://bimwfrbu.com/xqvl/agho.html

11:06 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home