María Z.
Non sei por qué me lembro tanto dela nestes días de inverno. Posiblemente porque xa van dez anos, creo. Entereime por casualidade, lendo as últimas páxinas do Faro na cafetería que está enfronte de Follas Novas, na esquina, perto da Praza Roxa, unha tarde antes de ir traballar. Nunha familia numerosísima era a irmá maior de E., e por iso foi vivir á Rúa de San Pedro con dúas amigas súas. Coñecina alí: pareceume guapísima cos pantalóns cinguidísimos ás coxas, co pelo nunha coleta, co sorriso amplísimo que alumeaba toda a faciana. Tiña un corpo delgado e flexible e un carácter aberto e positivo. Non esquezo súa face, súa risada, súa voz. Fixera Historia, e seica por motivos laborais viaxara a Portugal.
Hai un par de días atopei nun curruncho do disco duro da computadora unha base de datos coa maioría de partidas de xadrez que eu xoguei de xeito oficial na miña vida. Abraieime ao ver os nomes de rivais xa falecidos: algúns vellos, non poucos bastante novos. Estes días de nadal foron de pouco sono, anguriado por cuestións de "clima laboral". Ao lembrar os antigos rivais diante dun taboleiro, ao estares presente a atractiva cara de María Z. na miña cabeza, non quero deixar de pensar que a vida é moi curta e non debemos estropeala con absolutas menudencias.

Etiquetas: lembranzas, obituarios
1 Comentarios:
Penso k eu debería coñecer a esa maría z se xogaba ó xadrez, máis non lembro outra maría amiga común k non sexa maria zambrano.
...En fin... como dixo o relamido Persio: "Recollamolos praceres, noso e o tempo k vivimos, non serás máis: cinza, sombra e fábula".
Aínda k non menos certo é o k dixo o avispado Menandro despois de tirar unha pedra a un can, fallar e matar á súa sogra: "a fortuna decide mellor k nos".
Saúdos, e sinto o da súa amiga...
Enviar um comentário
<< Home