Conto de inverno
Entérome da morte de Eric Rohmer vía internet. (Para que logo digan que non é medio de comunicación). As súas películas parecíanme marabillosas polo sinxelas que parecían, pola humanidade que amosaban; e todos sabemos o difícil que resulta que unha obra artística semelle doada. Fican as súas películas.
Etiquetas: cine, obituarios
6 Comentarios:
Pauline à la plage, mimá.
Pois eu tamén o sinto ben. O que non pensaba é que fose tan grande. Como pasan os anos e fican as películas. Truffaut, Chabrol, Rohmer... ai, o cine francés. Por certo, Chabrol aínda vive ou xa moorreu?
Cale, amigo detective, que a última vez que alguén dixo eso foi preguntando por don Claudio Lévi-Strauss o mesmo día que morría.
Me uno a tu sentimiento por la muerte de Rohmer. Y sí, estoy de acuerdo en que Internet es un fantástico medio de comunicación, aunque yo me he enterado de la noticia por la televisión.
¡Lamento no ser capaz de escribir en galego!
Un saludo cordial desde Barcelona.
Pois eu preguntei se aínda vivía Girón de Velasco a véspera da súa morte. Ou as vacacións de Nadal na que fun ver aos minicines da Vía Norte "Grupo Salvaxe" de Peckinpah e resultou ser o día tamén do seu pasamento.
Saúdos desde Galicia, Albert.
Hum... Botarei de menos durmir durante as proxeccións das súas películas...
Enviar um comentário
<< Home