(In) fusión
Para facer unha infusión a auga ten que ferver, e a boa fe que arestora ferve. Dous estilos ben diferentes de xornalismo. Xornalismo? De tódolos xeitos, entre Roberto Blanco Valdés ( pódese trocar o nome por tantos outros do mesmo xornal) e Ceferino de Blas, prefiro a éste último. Prefiro que non me anden con disimulos nin que me tomen por tonto. Xa abondará a vida para demostralo.
Os tres partidos políticos metéronse nun lío polo asunto das caixas, e para poder saír sen moitos danos colaterais do barullo terán que afinar moi ben o relato a contar. Máis doado téñeno Losada e Caballero: independentemente do resultado final os concidadáns recoñeceranlles o esforzo.
Máis divertida e a desesperación da Voz de Galicia, que aposta todo á fusión das caixas galegas, a maior gloria de Alberto Núñez e coa complicidade estratexicamente absurda (en primeira ollada) de Guillerme. O outro Vázquez está desarbolado ante os lampións dos alcaldes, que no medio da treboada encárganse de avivar os lóstregos.
Falta o máis importante: os números reais das dúas entidades. E alguén independente e prestixioso que nolo explique. Mentres todo siga igual non termos máis que propaganda, eslogans e sentimentos primarios, como os que adoito escoitar polas rúas de Vigo, nun triste bucle que semella non ter fin.
Ian escribiu hai tempo sobre os lemmings e os galegos, en triste e realista comparanza, segundo manifesta a pegada do seu comentario na miña (mala) memoria. O decreto para resolver a imposición do galego (perdóame, Folerpa, por pedir presunción de inocencia a Anxo Lorenzo) e todo isto das caixas de aforro fan se cadra máis vixente a visión pesimista da historia do noso país, da nosa nación, de derrota en derrota ata o desastre final.
Remato cunha opinión persoal: non acho motivo algún (ata que mo expliquen con números) para fusión das caixas galegas. Do mesmo xeito penso se falamos de fusións ou alianzas con entidades alén o Padornelo. Prefiro que fiquen como están: polos traballadores das sucursais, pola obra social...

Etiquetas: estratexias políticas, política, xornalismo
1 Comentarios:
Sincero, sinxelo e acaído e sen atavismos. Eu penso coma ti. Non fusión, e presunción de inocencia para Anxo Lourenzo. Ou é que non é un bo tipo? O seu nomeamento foi o mellor que nos puido pasar na tesitura actual!
Enviar um comentário
<< Home