08 abril 2009

Arcaico o tempo. Paulino Vázquez



Saio da Praza do Toural cun agasallo na man, xentileza de Fausto Isorna. Trátase do libro editado por Galaxia: "Arcaico o tempo que respira", poemario do amigo Paulino Vázquez.
Na casa, polo serán, escollo ao chou un poema, e a ouvinte exclama: Qué bonito!
Coñezo a Paulino dende hai moito tempo, temos en común unha aproximación respectuosa polo xadrez e a min, a maiores, atráeme da súa figura, do seu personaxe, unha extravagancia peculiar pero moi auténtica, de seres un home con ideas propias e razoadas, aínda que a min me parezan contrapostas. Supoño que ten máis cousas en común con Otero Pedrayo das que él pensa, e non só a paisanaxe ourensá. Fanático de Sterne e de Elliot, moitas noites chegaba ao Atlántico co volume de Tristran Shandy para reler mentres agardaba a súa quenda de entrar a xogar a partida rápida de xadrez.
Na foto pódese ollar a Paulino interesándose polas explicacións que imparte o xenial Ljubomir Ljubojevic recén terminada a súa partida - con derrota - contra o holandés Jan Timman do torneo de Linares do ano 1992.

Etiquetas: ,

2 Comentarios:

Blogger Hipatia said...

Ken dis kesta con el na foto Lubo ke?

1:40 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Liubollevi. Decidiu deixar o fútbol polo xadrez. E non lle foi mal. Vive en Linares porque casou alí, e foi un dos meus maiores ídolos xadrecísticos: orixinal e combativo.

2:30 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home