Hooligans da política
Estou absolutamente perplexo da falta de resposta por parte da fiscalía ás manifestacións non desmentidas de José Luis Baltar o domingo ao Xornal.
Penso que, lamentablemente, moitos dos votantes da dereita son hooligans acríticos, no sentido que independentemente do que fagan os cargos públicos do seu partido, van seguir merecendo a súa confianza votación tras votación, correspondéndolle ao pequeno segmento de "centristas" a variación decisiva que conlevará a derrota ou victoria. Quero pensar que os políticos profesionais desa dereita herdeira directa do franquismo son persoas máis sensatas ( e taimadas ) e que alimentan á besta con fins meramente tácticos.
O que non é de recibo son os personaxes como Baltar, alén da ética e da estética, que é máis ultra que os seus siareiros, e que con declaracións como as que adoita facer e o seu comportamento cotiá ( e o comportamento dos súbditos do seu reino ) deixa ben claro que a este país quédalle aínda un bo camiño que percorrer ata chegar a ser medianamente moderno.
Dito o cal, qué está a facer a Fiscalía?
Etiquetas: política
0 Comentarios:
Enviar um comentário
<< Home