Xogos populares: b) A porca
A porca.
Outros dos xogos que xa non se practican e dos que somente dan razón os vellos, que coiles se divertiron na súa mocedade, son a porca e o ferro.
A porca xogábana dez ou doce home providos todos de mocas de pau e carballo ou de érbedo. Pra xogar dispúñanse en circo, deixando no meio ao porteiro que tiña perto de sí un burato aberto no chan. Iste porteiro agarrraba un croio do río, que se precuraba fora o mais redondo posíbele, e dun mocazo botábao en calquer direición, chamándose a esto dar a saída. Posto en movimento o croio trataban todos de metelo no burato, namentras o porteiro facía o que podía pra que non conseguiran o seu propósito, axudándolle en certo modo os outros xogadores, pois o que atinaba a introducir o pelouro no burato tiña dereito a percibir dous cartos de cada xogador ou a que lle pagaran viño.
Convén advertir que iste mesmo nome de porca lévano en Galicia outros xogos moi difrentes e asimesmo que o estilo de practicalo en Velle non é o mesmo que se empregaba noutros lugares, en que cada xogador defendía un burato propio ao mesmo tempo que botaba o croio pros dos seus compañeiros.
Parroquia de Velle.
Seminario de Estudos Galegos. 1936.
Autores: Florentino López Cuevillas, Vicente Fernández Hermida, Xoaquín Lorenzo Fernández.
A porca.
Outras denominacións: A marrá, o pino, a cachona.
Descrición: Practicábase en descampados, no monte, mentres se coidaba do gando. Coñécese hoxe como o hóckey galego, aínda que era practicado moito antes de que ese deporte de elite se popularizase.
Os participantes sitúanse nos nichos formando un círculo no medio do cal estará o porqueiro defendendo o curral ( o nicho central, máis grande que o resto, tamén denominado "cortello", "celeiro", "santo", ou "buraca"). Nichos e curral son buratos na terra.
O porqueiro debe selo o menor tempo posíbel, roubándolle para iso o nicho a outro.
Desenvolvemento: Os xogadores, a uns oito pasos da buraca, lanzan cara a ela as cacheiras: será porqueiro o dono da cacheira máis afastada. Os demáis sitúanse nos nichos: posúese un nicho introducindo nel o pé ou a cacheira.
Todos nos seus postos, o porqueiro guinda a porca ao aire dicindo:
A miña porca vai baleira
con cen carros de manteiga.
O que non lle dea no aire
que non lle dea na carreira.
Quere dicir que os xogadores poden golpear a porca afastándoa do curral mentres estea no aire, non cando toque o chan:
*Se cae na buraca, dise "haxa mudas!" ou "haxa trocas!" e todos cambiarán de nicho antes de que o porqueiro ocupe algún coa súa cacheira. O xogador que fique sen nicho será o seguinte porqueiro.
* Se cae fóra do curral, o porqueiro tentará introducila dentro dun dos nichos ante a oposcición dos demais; sen non o consegue, volverá ao curral e lanzará a porca ao aire de novo; porén, se alguén consegue meter a porca no curral a pesar dos impedimentos do porqueiro, éste último dirá "dalle a porca e muda!" e todo o mundo cambará de nicho. A quen consigue introducir a porca no curral pódeselle dar un punto.
* Se fose lanzada demasiado lonxe da buraca e o porqueiro non a atopase, alguén pode dicir "forro o meu nicho", para que ninguén llo poida ocupar durante a súa ausencia, podendo entón ir procurar a porca e se a encontra, pódelle dar unha mocada afastándoa o que poida do campo de xogo.
Un bo xogador ou xogadora é quen conserva o seu nicho e non deixa que os demais cheguen coa porca ao curral. Gaña quen meta máis veces a porca no curral.
Variantes: Outro xeito de xogar máis sinxelo, aproveitando a distribución inicial dos xogadores: lanza o porqueiro a bóla con forza lonxe do curral, mentres o resto dos xogadores tentarán devolvela á buraca. Quen o logre será o novo porqueiro.
Material: Cacheiras ( paus para golpear a bóla, tamén denominados "cacheiros", "caneiras" ou "mocas") e a porca propiamente dita ( tamén chamada "pino").
A cacheira - unha por xogador; facíana tradicionalmente de uz ou codeso os propios participantes - tende catro a seis cuartas de lonxitude e é curvada no extremo inferior ( semellante aos paus de golf ou aos sticks do hóckey); a porca era unha bóla de madeira dura ( de raíz de uz, que non partía facilmente), cun diámetro de entre seis e doce centímetros.
Xoga en galego.
Federacións de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia. 2007
Autores: Fran Varela e Comisión Galiza de Federacións de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.

Etiquetas: Velle, xogos populares
0 Comentarios:
Enviar um comentário
<< Home