10 e 11 de marzo
Nestas datas, tódolos anos, ofrezo un regalo virtual.
Silvio Rodríguez recende a bacharelato, a primavera en Vigo, a ceos azuis.
Non son quen de o escoitar moitas veces seguidas porque, non sei ben a causa, vaime levando ao territorio da tristeza.
Pero de cando en vez está ben voltar ao tempo das ilusións, da rebeldía e da curiosidade pola vida.
Escoito, escoito...

Etiquetas: familia
2 Comentarios:
Joder, vese que eu son menos maduro: a min a etapa Sílvico-Páblica chegoume na universidade e os efectos secundarios foron semellantes. O peor é que aínda me dura e ás veces ando mercando vinilos para escoitalos como é debido. A vellice, meu...
¿Non estaría vostede nun primaveral concerto nunha carpa en Santa Susana no que Silvio pediu á concorrencia permiso para deixar entrar ós que quedaran fóra e berraban? Se o concerto comezou cheo, rematou ateigado, claro... Pero foi ben fermoso.
Non, por alí non estiven. Escoiteinos en Castrelos, marco incomparable e todo iso, pero de seguro que non foi tan bonito como o de Santa Susana.
Enviar um comentário
<< Home