Do prestixio
O prestixio profesional é cousa ben delicada. Trabállase durante anos e esforzo, pérdese nunha hora desgraciada. O prestixio é cousa tanto de persoas coma de empresas. Cando se perde adoita non ser recuperable.
Cando era eu moi neno a auga mineral máis importante de España, con moita diferenza, era "Agua de Solares". Agora non existe pegada daquela supremacía de antaño. Os exemplos son infinitos, como infinita é a estupidez humana.
En tódalas revistas dos sectores das profesións liberais aconsellan extremar o coidado cos clientes insatisfeitos, xa que os efectos nocivos cara a imaxe que poida provocar un deles é superior aos beneficios de vinte calificacións positivas.
En épocas de eleccións voltamos a nosa ollada ás empresas de comunicación e aos seus xornalistas. Hai xa tempo perdimos a inocencia, e resúltanos ben doado decatarnos de que os xornais son, esencialmente, un negocio, e que a procura da verdade é un obxectivo, moitas veces, ben lonxano.
"Eu poño a guerra", "eu fago as novas". Un día, de vagar, habería que retomar o tema de Hearst, das súas obras e da súa vida, do Maine, de Marion Davies, de Chaplin e Ince, de McKinley.
A anterior lexislatura estatal trouxo como consecuencia o descrédito perpetuo para xornais como "El Mundo" ou emisoras de radio como a "Cadena COPE", preocupadas de engordar a conta de resultados aínda sacrificando o sentido común, a verdade, e a estabilidade de institucións públicas. Certo é que a audiencia dos medios ven estando predefinida por variabeis ideolóxicas, e que só fica enganado aquel que o desexa: público acrítico.
O prestixio das empresas xornalísticas non ten porque coincidir co seu tamaño ou coa conta económica positiva de resultados. O prestixio, materia intanxible pero máis segura a medio-longo prazo, neses ámbitos de actuación, adquírese coa progresiva comprobación dos feitos enunciados coa veracidade do publicado. Os que minten acaban pagándoo, porque ao perder a súa credibilidade perden a única arma que posúen para que lles fagamos caso en posteriores ocasións. Un xornalista que minte ou manipula non ten futuro, se o público lector ten un mínimo de respecto a súa propia intelixencia.
Arestora, no balbordo in crescendo das eleccións galegas, a reputación do xornal máis grande do país, "La Voz de Galicia" vai quedar seriamente danada. Eu hai moito tempo que non tiña en grande consideración a este xornal, pillado na desfachatez da sección de deportes, posteriormente na escandalosa versión do acaecido no affaire Ventura Pérez Mariño, na seriedade de cataventos co Prestixe... Seguen e suman...
Sempre me pareceu infantil a equiparación fálica que algúns fan entre "tamaño e prestixio". Nin antes nin moito menos agora considerei a "La Voz de Galicia" como o mellor xornal de Galicia como algúns seguen a repetir. As coordenadas que merecen esa cualificación non aparecen por ningures. É certo que ten a maior difusión de entre os galegos, pero non me parece que a maior tirada lle poida dar vantaxe de excelencia a, digamos, "Das Bild" sobre o "Frankfurter Allgemeine Zeitung" ou "The Sun" sobre "The Times".
Non acredito na veracidade da información que ofrece "La Voz", nen a teño por un xornal útil para o país nen para as súas cidades e vilas ( que seguen preferindo o Faro, la Región, El Correo Gallego ou El Progreso como primeiro xornal), e tampouco sonme de fiar a meirande parte dos columnistas que por alí parecen. Por conseguinte, non leo o que non me interesa, e cando non teño outra cousa a man, leo e desconfío.
Onte na noitiña, facendo zapping na radio do coche, fuxindo dalgúns babecos, apareceu o anuncio dunha entrevista en Antena 3 Televisión a Mariano Rajoy. A entradilla non tiña desperdicio, menos aún o nome da entrevistadora, Gloria Lomana. Dende logo, eu non vou ser un dos que perda o tempo ollando iso.
Heisenberg dixo que a visión dun experimento inflúe no seu resultado. Que o prusiano falara de dimensións atómicas é o de menos, pódese aplicar a vida en tamaño natural. Os xornais escriben coa esperanza ( moitas veces correcta) da súa influencia nas decisións da xente. Vémolo ben os inquéritos que veñen aparecendo estes días. Xa damos por suposto que a tendencia da empresa vai influir nos resultados previstos. Non é voluntarismo, é mala fe.
Despois do desfogue seguiremos atentos. E eu non digo nada.

Etiquetas: xornalismo
6 Comentarios:
A voz de Galicia é o mellor xornal do país. O único que concibe o país como algo global,dividido en bisbarras. Os seus xornalistas son os que máis saben de cultura, mar ou economía.... E se cadra é o único xornal que non renuncia a profesionais por presións políticas. No caso de Ventura Pérez Mariño deron a outra versión pra min e pra moitos vigueses a correcta. Fixádevos que malia ser criticado polos demais medios os electores penalizaron ó BNG pola ruptura do pacto e Vigo malia as simpatías que concita Santiago Domíbguez.
Eu non digo que agora non teña unha campaña en contra o BNG, probalemente desmesurada e con razón.Tamén cómpre dicir que a rede de simpatizantes nacionalistas tamén a ten tomada coa voz... Os galegos mercamos cabeceiras locais porque nos gusta ler as novas da nosa bisbarra.
A voz de Galicia critica coa súa liña editorial o gran fiasco que está sendo o novo BNG pra Galiza:nin obreiro,nin de esquerdas nin anticlientelar....
Amigo Anónimo: de qué falamos cando cualificamos a algo como "o mellor". No caso dos xornais a excelencia vai da man da credibilidade, e diso "La Voz de Galicia" non anda moi sobrada. Vostede o di: "ten unha campaña en contra...", e así vai de campaña en contra en campaña en contra ata o descrédito total. Porque o certo é que non disimulan nada.
Eu non esquezo que as empresas editoras de xornais son esencialmente empresas, e por tanto, as campañas de "La Voz" teñen unha razón económica, de preservación do seu negocio ( da xestión do negocio tamén se podería falar porque nisto non é aplicable o de "cabalo grande, ande ou non ande"); pero sendo certo que o interese é gañar cartos non o é menos que o xeito de acadar bos resultados e sobrevivir a medio prazo é mediante a honradez informativa, e niso, repito, non van nin moito menos sobrados.
Non concordo con vostede en nada, agás a constatación da campaña en contra do BNG, porque é dos piores xornais do país (dos que leo a cotío - nas cafeterías que o soldo non da para tanto-, é sen dúbida o pior en rifada lea con "El Mundo"), a súa concepción do país galego non existe como tal ( é o xornal da Coruña graciosamente espallado pola nación adiante) e a categoría dos seus xornalistas é semellante a de calquera outro xornal, se cabe cunha peculiaridade, hai algúns deles que se prestan ben cedo a seguerlle o vieiro marcado polo editor.
Un saúdo.
Un profesor da facultade de Xornalismo de Compos dicía que a obxectividade non existe. Uf. E vese que os alumnos crérono. A verdade tampouco existe, claro, pero existen os camiños. Isto non llo dixo, claro.
Sobre o Yo Protesto (antes La Voz) eu diría que de momento se subiu ó carro das dereitas: e así agora pode un atopar en calquera nova a adxectivación "bipartito" como pexorativa, por exemplo; son creadores da linguaxe, como os señores que van refacendo a nosa normativa. Pero este acoso e derribo cesará cando os gastos en publicidade institucional suban, non teña dúbida, e se é o 2 de marzo, o 2 de marzo sacarán como titular "Galicia(-za) é mellor que nunca" se o PP non saca maioría absoluta e dende a Xunta abren a billa.
E agora vou discutir con vostede: porque andar dando para un lado sen mirar para os que están do outro... El País, por exemplo, confúndese co aparato de propaganda do P(so)E; agora non hai máis que ver a caza do xuíz (non de Garzón, concretamente senón do xuíz en xeral) e o funcionario da xustiza sen atender para nada ós problemas que a xente que traballa nese abandonado negocio (para min que pensan en suprimilo, igual que a educación ou a cultura) está querendo sacar á luz. O Xornal de Galicia, que se supuña nova voz, aseméllase máis e máis a calquera outro xornal das dereitas (pero con algunha noticia en galego, é dicir, menos que o Galicia Hoxe). E despois temos medioas dixitais que son auténtica propaganda do BNG pero que claro, lemos por aquilo de mirar como se ven as mesmas cousas en galego ¿Qué nos queda? O que a maioría da xente: ler ou non ler a mesma propaganda e tentar ser medianamente crítico. Ah, e tampouco é xusto atribuir só os pepeiros a acriticidade. Sospeito que ese premio está moi repartido. Carallo, que a gusto quedei.
Disimúleme a extensión.
A ver, R.R.: Ollando ao redor vemos cousas semellantes, non o nego, pero o máis rechamante, recoñezerao, está na penúltima campaña sensacionalista de "La Voz". De tódolos xeitos, eu distinguría entre os medios que son reticentes, é dicir, que din parte da verdade pero non enganan e que actúan así, de aqueles que son mentirosos: v. gr. El Mundo (lembremos o 11-M), La Voz (casos Ventura ou o que chove agora co BNG), COPE, etc...
Non somos inocentes e xa sabemos que os medios das as snoticias segundo lles peta, queren e dalles a gaña, pero, polo menos eu, non quero ser equidistante.
Verbo a acriticidade reitero as miñas verbas: o votante típico do P.P. vota a unha marca, independentemente do candidato, independentmente da xestión efectuada, independentemente dos escándalos propios, porque como eles non se cansan de repetir: "todos los políticos te son iguales".
O votante do PSOE e por suposto en maior medida os do BNG, son especialmente críticos co traballo dos seus, nunca lles parece bastante, dubiudan das capacidades dos seus na xestión da cousa pública ( ás veces con razón, pero xustamente non creo que sexa o caso agora nas consellerías dirixidas polo Bloque) e o seu enfado vai incrementar a abstención ( co cal indirectamente estanlle dar o seu voto ao P.P:).
A vida éche así, e os propios partidos deberías asumir a súa responsabilidade. Moi ilustrativas son as columnas destes días de Suso de Toro ( Falta humildad) e a de hoxe de Antón Losada en El País.
Amigo, r.r., discúlpeme a extensión.
Non xeralizaría no referente ós votantes do PP. Agora esa acriticidade será maior entre os seus votantes e de aí o peso favorable para eles da abstención, claro, pero coñezo xente abondo que vota ó PSOE por rutina, e que ocorra o mesmo co BNG supoño que será cuestión de tempo.
No referente ós medios, razón leva, pero hai ganas de discutir... E marcho correndo a ler esas cousas (que non as lin)
Saúdos!
Destacada actuación del Sr. Fariña (La Voz de Galicia), en el esclarecimiento del llamado "Caso Mijas" o "Wanninkhof"
Enviar um comentário
<< Home