Eluana
Sobre o caso Eluana teño dúas dúbidas e unha certeza.
Dúbidas:
a) Levaba Eluana morta dezasete anos e fóiselle adiado ata estes días o tempo da súa sepultura?
b) Morreu Eluana agora e durante dezasete anos foi diariamente torturada?
Certeza: Eu asocio Italia co probablemente o país máis fermoso do mundo, con xente encantadora que ri cando pronuncian insieme ou indirizzo e cunhas rapazas guapísimas que soben o volume da voz a falar ao tempo que non paran de mover os brazos. Asocio Italia cos solpores da baía de Palma e a calor que abafa e o bikini bianco, nero, rossa. Algo moi grave debe estar agora a pasar en Italia cando manda Berlusconi e Saviano ten que vivir agachado.

Etiquetas: in memoriam
1 Comentarios:
Pero tranquilos, amiguiños, que Italia é unha democracia, non coma Cuba ou Venezuela.
Enviar um comentário
<< Home