01 março 2009

Antes de ir votar

Aproveito un intre antes de ir votar para consignar un par de apuntamentos que despois, no balbordo de números, ficarán esquecidos para sempre:
a) Pro Bugallo: Ánxela Bugallo foi unha notable conselleira de Cultura e Deporte. Áchoa de menos: coido que fixo unha boa xestión en xeral, moi boa no caso do eido deportivo, e desexaría que siguera tendo responsabilidades nun futuro inmediato. Tivo un opositor parlamentario: Ignacio López-Chaves, anteriormente concelleiro de Cultura en Vigo na época de Corina Porro. Tremo de pensar que o Sr. López-Chaves poida chegar a ser nalgures concelleiro de algo.
b) Pero o perigo maiúsculo non é só López-Chaves. Ollo para o deporte e chega con lembrar a época de Lete Lasa e Pilar Rojo para estarrecer de medo. Agardo expectante os resultados.
c) Para os que din que as campañas electorais non serven para nada recoméndolles que de vagar relembren a que ven de rematar. Colocou a cada quen no seu sitio. Condición indispensable: ter varias fontes de información distintas.
d) Nalgúns sitios andan con porras electorais. Eu non son capaz. A miña humana condición de covardica impídeme ata mover os dedos no teclado. Sei que nas votacións de hoxe non se vai ter en conta o traballo realizado no goberno e no parlamento polos tres grupos: moitos votantes adoitan ser siareiros fideis do seu partido, sen lles importar as circunstancias: eche o mesmo que insulten e mintan, son os teus. Pero desexaría, como Cesare, que os seus sobriños e os meus fillos poideran ver o mundo con optimismo, non tiveran que emigrar e poideran vivir nunha terra súa moderna e atractiva, con respecto por se mesma e solidaria cos demais.

Etiquetas:

3 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Pois a min non me falaran mal de todo de Lete...

1:49 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Como xogador de baloncesto, seica non era malo. Como xestor público deixa todo que desexar. Non lle nego habilidade como xestor privado, que semellaba era a súa vocación.
Cando escribo isto faltan vinte minutos para que pechen os colexios electorais. Espero non ter un disgusto que se sume ao Celtiña, que agora vai perdendo 3-0.

7:46 da tarde  
Anonymous Cesare said...

Moito me lembrei deste post estes días...

2:25 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home