04 março 2009

Óscar Wilde

Óscar Wilde deixou escrito: "Un sorriso é o mellor xeito de iniciar unha relación pero tamén sen dúbida é o mellor xeito de rematala."
Acho de menos ese sorriso nos trámites de divorcio entre a parella que desde o domingo van continuar o seu camiño por separado.
E como moitas veces as persoas xurídicas respostan aos estímulos como se de persoas físicas tratáramos, non debiamos esquecer as experiencias que case o cento por cen da humanidade nalgures pasou: a incredulidade ante a finalización do romance, a asimilación do inevitábel, a pescuda de culpas na procura da causa da ruptura, a unánime primeira reacción botándolle a culpa ao outro, e de remate a íntima sinceiridade de que tamén nós fomos rsponsabeis da separación. E como ben saben aqueles que recuncaron algunha vez con vellas parellas, a única maneira de o facer con posibilidades de permanecer no tempo na segunda quenda dependerá da limpeza na ruptura: canto antes apareza o sorriso que aconsellaba Wilde mellor irán as cousas na futura reconciliación.
Porque do que eu non teño dúbida é que nesta xeración - próximos catro, oito ou doce anos - a posibilidade que teñen de volver ao poder galego o Psoe e o Bng vai ser indo da man e con doces olladas entre eles: e con honestidade, respectando as peculiariedades de cada un e buscando os puntos de encontro (porque quen busca, atopa).
Nestes momentos de desconcerto mal van as cousas coas declaracións que saen dende os ámbitos do Psoe, tanto dende a rúa do Pino coma dos voceiros ( mediáticos ou institucionais ) de Madrid. Coido que as políticas de terra queimada a ninguén benefician, aínda que os que prenden o lume, de seguro, non vaian ser protagonistas da necesaria reconciliación - agardemos- de dentro de catro anos.

Etiquetas:

6 Comentarios:

Blogger ourensan@ said...

CITADO EN HTTP://OURENSAN.BLOGSPOT.COM

2:14 da tarde  
Blogger R.R. said...

Si señor.

6:38 da tarde  
Blogger R.R. said...

Están empezando a arrebolar tixolas e tixolos, sobre todo dende Ferraz (ver prensa)

9:20 da manhã  
Blogger R.R. said...

A ver se lle chega isto a tempo: esta noite tocan bos e malos recordos, a partir das 12.45 (así que haberá que gravar):

http://www.crtvg.es/programacion/programacion.asp?canal=g2

;-) Sinto o de hoxe.

8:41 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Chegou tarde, fora o que for, que non o din indentificado... e gracias

11:52 da tarde  
Blogger Suso Lista said...

Eu tamén concordo. Mal rollo do PSOE.

8:21 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home