Futbolista británico
Hai un prototipo de futbolista británico porcentualmente escasísimo pero con pegada na memoria: O borrachuzas talentoso. Veño de ler na prensa a detención de Paul Gascoigne, probablemente o derradeiro artista maldito do balompé británico. Segue o ronsel de Paul Merson, aquel exquisito xogador do Aston Villa rival do Celta, cando os nosos facían que nós, os seus siareiros, tivéramos un xustificado rumbo. Gascoigen tamén herdeiro natural, pero sen chegar a súa altura, do inesquecíbel George Best, o quinto beatle, sen dúbida un dos mellores xogadores da historia do fútbol, co mérito engadido da súa pequena carreira no cumio.
Levo tempo querendo falar de Best e de Garrincha. Tan bos os dous, tan semellantes. Supoño que me atraen os perdedores máxicos, en lonxana reminiscencia scottfitzgeraldiana. Cando Manuel Summers foi cineasta deixara filmada tamén patéticas historias de xoguetes rotos, como a de Gorostiza, o extremo do Valencia que vira meu pai en Balaídos nunha semifinal de Copa do Generalísimo, a primeira vez que o avó do poeta viu o mar.
Volvo a Best e as súas lúcidas frases: "En 1969 deixei o alcohol e as mulleres... foron os peores vinte minutos da miña vida", "Gastei moitos cartos en alcohol, mulleres e coches... o resto dilapideino"

4 Comentarios:
Este día estiven vendo frikadas sobre os candidatos á alcaldía de Londres e, en xeral, sobre os frikis políticos. Un deles, pero demo se son agora capaz de atopar quen, propuña mudarlle o nome a Belfast pra que pasase a chamarse George Best City. :)
Un destes xogadores tamén foi Mágico Gonzalez. Un dos seus compañeiros que coincidiu con él no Cádiz díxome que nos vestuarios dormía o vomitaba a borracheira que traía, pero despois saía o campo i era unha delicia velo xogar.
Gorostiza era vasco, e antes do Valencia xogara, lóxicamente, no no Athletic e mesmo ¡no Rácing de Ferrol!(cousas da mili).
É un dos meus, pero claro, eu non o vin xogar. Si que vin a Piru Gaínza, sejuramente o seu sucesor no Athletic, un fenómeno dos daquela dianteira eterna (Iriondo, Venancio, Zarra, Panizo e Gainza) que sobreviviu e xogou na outra tamén famosa (Arteche, Marcaida, Arieta, Uribe e Gainza) que foi a que vin en acción en Riazor.
Pero eu, de pequeno, quería ser como Garrincha (ou como Amancio polo menos). Garrincha e George Best son, como moi ben dis, dous xogadores únicos.
George Best City. Só polo feito de pensar niso e atreverse despois a dicilo merecería ese político primeiro o voto e despois unha estancia de balde nun centro de desintoxicación.
Mágico González tiña nivel dabondo para estar no Madrid ou no Barcelona. Pero o clima nocturno de Cádiz é moito máis acolledor para pasar as noites a ras.
E pode que o sucesor de Gaínza fora Chechu Rojo, un pe esquerdo tan delicado como mal carácter.
Enviar um comentário
<< Home