31 maio 2008

Nostalxia da aldea

É posible ter nostalxia do frío que humedece a cama e aterece as mans? das pegadas dos ratos no faiado? do estrume? da leña apañada no monte para poder quentar o caldo?
Os urbanitas estamos adoitos a unha aldea de mentira, a das casas rurais, con calefacción e auga da traída. Con baño nas habitacións.
Como a memoria é selectiva, só fican nela os cariños da familia visitada, as festas recorrentes da vendima e a matanza, a festa da patrona...
Agora, nin aldeas quedan. E as paisaxes da infancia, se algunha vez existiron, van desaparecendo como desaparece o puño (de Sam Spade) cando se estarrican os dedos.

Etiquetas:

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Quedan queeedaan...

12:24 da tarde  
Blogger albixoi said...

Parabéns por este magnífico post. Conseguiches transmitir algo que levo pensando desde hai moito tempo.

11:03 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home