13 abril 2008

Na Palestina

Pasa da unha da madrugada e sigo en pe. A causa non é outra que a lectura marabillada dun libro que, a non tardar, convertirase nunha obra clásica do seu xénero, digna do admirado Kapuscinski: Refírome a "Fin de século en Palestina" de Miguel Anxo Murado, editado en Galaxia, e que merquei antonte na Feira do Libro de Compostela, xunto a "Memoria de Ferro" de Antón Patiño Regueira e máis dous libros dos Bolechas, estes tres últimos editados por A Nosa Terra.

Aínda que non adoito acertar nas apostas, e que só levo consumidas a metade das páxinas coas que conta, arríscome a prever unha exitosa xeira ben merecida para este excelente libro.

Etiquetas:

4 Comentarios:

Blogger sihomesi said...

Cos respectos necesarios, ten a vantaxe sobre Kapuscinski do humor, e sobre P.J. O'Rourke do compromiso.

9:49 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Non lle digo que non, pero tamén se podería dicir, cos respectos necesarios, que ten a desavantaxe sobre Kapucinski do compromiso e sobre O Rourke do humor.
Por certo, Sr. sHs, á vista das novas referidas a súa persoa e novas responsabilidades, non sei se felicitalo ou acompañalo no sentimento.

7:26 da tarde  
Blogger sihomesi said...

Deixémolo entre K. e O`R, que non é mal sitio. En canto ó outro, acepto de bo grado as dúas cousas

7:52 da tarde  
Blogger Ana Bande said...

Ta ben, deume no punto débil, se mo compara con R.K. vou papalo decontado. E non tiña pensado porque o derradeiro de Murado deixoume moi desilusionada.

10:50 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home