Memento Mori
Como semella que a vida vai indo por refachos, esta semana, no de que verdade importa, non foi nada agradable: O martes estabamos despedindo o pai dun bo amigo e o mércores acudín ao tanatorio para presentar os meus respectos a unha viúva de case a miña idade e con tres nenos menores ao seu cargo.
Cando as persoas se van deixan ronseis de memoria que fican nos seus seres queridos. Levo varias horas, un par de días, pensando na fugacidade da vida, "cuando el sol vuelva a brillar" que dixo Domínguez Bastida. Porque penso que o que imos construíndo ano tras ano ven sendo como un castelo de area na beira da praia. Sabemos que ao cabo chegará a maré e o vai levar.

Etiquetas: necrolóxicas
2 Comentarios:
O tempus fuxe como din os romanos tolos... aínda k máis acertado era o de vini vidi vinci, o viño a veces é vicio. Como vexo k non fai caso da pelota k lle fago vou facer como os vellos cando non poden dar malos exemplos: voulle dar un bo consello: use protector solar.
http://es.youtube.com/watch?v=LNT0A6u89uc
Como dicían nun documental da BBC sobre catástrofes xigantescas, a pregunta non é se vai pasar, a pregunta é cando. E, damn it!, creo que vai ser cedo. Sempre é cedo.
Enviar um comentário
<< Home