11 abril 2008

Tedescos

Sempre a mesma historia: os alemáns non se renden, loitan ata o derradeiro segundo. E aproveitan moi ben eses instantes finais, cando o adversario está afundido de cansazo e nervos. Agás aquela final co Manchester, onde probaron a súa medicina, os alemáns teiman nas súas conquistas coa perseverancia de aqueles que non teñen sentimentos, só vontade.
Hoxe foi o Getafe coma hai 34 anos foi o Atlético de Madrid de Reina e Luis Aragonés.
Este carácter tan frío aprovéitano moi ben - a estatística non minte-, nas quendas de penalty, onde seica só perderon naquela final da eurocopa do 76, cando Panenka inventou unha obra de arte.

Etiquetas:

2 Comentarios:

Blogger besbe said...

A min deixáronme coa boca aberta e quedei pensando na cantidade de infartos que pode chegar a provocar o fútbol.

1:37 da manhã  
Blogger bouzafria said...

Si, pásase moi mal canda se gaña, non digamos cando se perde.

4:21 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home