Berlín oriental
Outra vez, onte, volveron botar na televisión a estupenda "Good bye, Lenin" de Wolfgang Becker, co magnífico Daniel Brühl e a namorable Chulpan Khamatova.
As primeiras recomendacións que tiven desta película chegaron de R. e L. ( comprometidos a me enviar unhas fotos de Berlín: aínda agardo) cando iniciabamos unha viaxe a Salamanca.
Ao remate onte da película, cando volvía escoitar o himno da DDR, que tanto soaba daquela nas nosas vidas, nas retransmisións deportivas, lembreime das bromas do barrio nos calurosos seráns de xullo sobre a invencíbel Ute Geweniger, ou anos atrás, o gol de Sparwasser que adiaba ata a final o enfrontamento entre a Holanda de Cruiff e a Alemania de Beckembauer.
Qué bonita película.

Etiquetas: cine
8 Comentarios:
Grande filme. Boa historia tamén a de Sparwasser, eu non a coñecía. Foi un tempo de tolos.
Todos me falan moi ben desa peli pero aínda non a vin. Terei que correxir este erro.
¡Corríxao, señor raposo! Efectivamente, do mellor que vin nos últimos tempos, andan os alemáns finos co cine, porque se a isto lle sumamos "La Vida de los Otros"...
Por certo, señor Bouzafría: aquel agasallo prometido este ano non abrochou, pero para o ano volverei intentalo dun xeito novo e reservareille un exemplar. Como pode ser que non saiba de qué lle falo, lembre o Campus Sur e as iniciais GB. A que así é ben doado?
Abrazo!
Xa sei, xa sei, que ledicia. Teño que pensar un sitio onde o meter: Posibilidades: a) na aldea. Vantaxe: poderíase ollar o seu crecemento. Desavantaxe: é a aldea da muller.
b) na finca do meu irmán: Vantaxe: Perto da casa e visitable no verán, Desavantaxe: non sei se sería boa amiga dos limoeiros.
c) Velle, nas leiras do meu pai. Vantaxe: Alí está a cal dos meus mortos, e cumpriría a segunda cousa das tres que ten que facer un home ( vostede xa as fixo). Desavantaxe: Non apodería visitar moito, e tería que loitar contra as acacias.
Femia ou macho? As femias feden, dito sexa con todos os respectos.
Que teña vostede sorte na colleita e que eu o poda disfrutar.
Parece mentira que se poida sentir a ostalgie dende tan lonxe. E iso que a min este filme nunca me dixo grande cousa.
fago miñas as palabras de Mario
Por certo, recoméndolle vivamente este filme: http://www.szabadsagszerelemafilm.hu/
Ben, o filme húngaro non é dos que deslumbran, pero a calidade xeral é boa. E pode ser un pouco maniqueo ou previsíbel, pero infinitamente menos ca calquera filme estadounidense sobre béisbol. Recomendeillo porque a cabeza me saltou rápido de Honecker e os pantalóns pequenos á piscina de Budapest.
Por certo, xa chegaron á casa: xa teño sobriño.
Enviar um comentário
<< Home