O Celtiña
Eu debía ter oito anos e recibín unha chamada telefónica de Velle na procura das miñas preferencias futbolísticas, xa que o regalo de Primeira Comunión que ía chegar dende as ribeiras do Miño consistiría nun uniforme completo: camisola, pantalón curto, medias e botas con tacos de plástico. ¿Real Madrid, Barcelona, Selección española?, preguntaron. Por favor, lembro ben a resposta, eu son do Celta.
Na tardiña dun xoves festivo, Corpus Christi, estrei na praia do Vao o uniforme do Celta co número catro ás costas, medias brancas con raias celestes horizontais: Non esquecín nunca o regalo da miña curmá maior: Fun feliz, como non o volvería ser ata moitos anos máis tarde cando me declararon inútil total (para facer o servizo militar... pero iso é outra historia.)
Desde a ausencia de Eduardo Rolland das páxinas do Faro só adoito atopar pracer intelectual lendo os artigos, sempre excelentemente escritos, de Armando Álvarez, ben sexa sobre deportes ou sobre a televisión.
Na actualidade é o mellor escritor-xornalista que ten o Decano da Prensa estatal ( deixo fora, claro, os artigos de Millás ou os de Ferrín e a agudeza metade cándida metade aceda do Sr. Ponte, pai da modelo Laura).
Cómo non estar de acordo co diagnóstico certeiro do domingo pasado?
Voltaremos sobre o tema, porque o Celta, o Celtiña, é a única relixión que agora profeso e que de certo manterei mentras vivamos - eu e o Celta (que a este ritmo é probable que feneza o Celta en moi pouquiño tempo... mágoa).

Etiquetas: fútbol
6 Comentarios:
Eu son neoceltista, como vigués de cidadanía recente. E sempre me chamou a atención a veleidade dos seus siareiros, eufóricos cando pintan ouros e lacazáns cando bastos. A afección do Xixón, por poñer un caso, ou a da Real, dúas clásicas que visitaron Balaídos coa sús impronta, son exemplares. Pero hai tamén que mirar o perfil sociolóxico de ambas: familias enteiras, clases baixas e altas, mulleres a mazo, un compendio máis heteroxéneo ca do celtista, no que predomina o rapaz novo ou en todo caso o home solitario ou en pandilla que resolve a tarde do domingo. É unha mera impresión, aparte da sensación de que Balaídos (e perdón por este comentario) fica moi arraigado a un barrio determinado de Vigo, lonxe de integrar a outras partes da cidade. Tal vez estea equivocado, pero en todo caso resulta ben inexplicable que aquela xente que encheu o campo para ver derrotar ao Liverpool de Owen deserte de forma tan escandalosa do campo. A forza do cariño debe cultivarse. Dun lado e doutro.
Grazas señor Bouzafria pola súa presenza e compañía nos meus momentos de dificultade.
Pasando páxina e noutro orde de cousas direille tamén k o vín moi elegante, simpático e ata máis alto e benparecido... por certo e sen que os anteriores encomios teñan nada que ver... reitérolle as miñas felicitacións polo seu novo empeño profesional, desexolle toda a sorte k a fortuna lle otorgue e aconséllolle practique aquelo k nos di aquel vello refrán popular k nos anima a falar sempre ben de nós mesmos pois logo a xente non recorda onde o escoitou. :-DD
S2 :-D
Arume: xustamente Xosé Vázquez Pintor defende unha posición totalmente contraria a súa no que respecta á integración do Celta na cidade. A explicación ao que lle parece inexplicable tena no excelente artigo de Armando Álvarez. De tódolos xeitos, eu que fun socio do Celta ( cando non tiña nenos e por ende tiña tempo de lecer), asegúrolle que non hai afección máis rabuda, paleta, indocumentada e desmemoriada que a nosa. Direi máis: Creo que o 98% das afeccións son exactamente iguais, non se me ocorre ningunha mellor ca nosa agás a do Atlético de Madrid, e só ás veces.
Hipatia: Se vostede di que estou máis alto é porque debía estar un dos dous deitado, xa que como estou realmente é máis ancho.
Fortuna, velut luna: seguirei os seus consellos.
Cantas cousas temos en común!!
Menos mal que entre o Celta e o Sabadell, os meus dous prefes daquela, escollín Celta cando me preguntaron!
Por se alguén non imaxina qué humillante pode ser animar o sabadell, aquí vai unha imaxe da súa camisola:
http://ca.wikipedia.org/wiki/Centre_d%27Esports_Sabadell_Futbol_Club
O Sabadell de Capó, aquel goleiro calvo que foi do Celta. Camisola arlequinada, que lle dicían.
Os que somos de equipos de fútbol tradicionalmente perdedores temos moito mérito.
Enviar um comentário
<< Home