Toño
José Antonio Poncela é un dos individuos máis interesantes que coñezo: moi boa persoa e sumamente intelixente. Agora ten responsabilidades públicas en Castela A Mancha. Sei que o fará moi ben por Toledo. Lémbrome dun sábado pola tarde en Baiona, dándome bos consellos. Ou do seu piso en Frei Rosendo Salvado en Compostela: no balcón había o esquelete dun paraugas cuberto por papel de aluminio: fixera unha antena parabólica caseira. Moita sorte.
Etiquetas: amigos
0 Comentarios:
Enviar um comentário
<< Home