02 maio 2007

O tempo pasa

A proba irrefutable do paso do tempo atópoa nas facianas dos demáis ou no troco xeracional. Onte pola noite tiven dúas probas consecutivas.
Unha das miñas primeiras lembranzas do colexio sitúanme ás nove da mañá dun xoves, agardando para entrar na clase da marabillosa señorita Mari Carmen - que veu substituir á señorita Mari Luz que estaba embarazada. Os nenos de 1ª A falabamos do acontecido o día anterior, da final da Copa de Europa de fútbol: Atlético de Madrid - Bayern de Münich. Luis Aragonés metera un gol de falta na segunda parte da prórroga, e cando o partido estaba a piques de se acabar un central bávaro, de nome complicadísimo, lanzou dende case o centro do campo un disparo desesperado, que o porteiro do Atlético, Reina, tragou. Lembro como a profe participou na conversa dándonos a razón: "A culpa foi do porteiro". Onte, o fillo do culpable daquela noite belga convertiuse nun heroe na terra dos Beatles.
Cando compartía piso con estudantes de química tiñamos unha diversión matutina: Ver o telexornal ( para admirar a Begoña Fontenla ) despois de ollar a mellor serie de hospitais que eu vin nunca: "Historias de Hospital". Nela había un personaxe inesquecible ( Ehrlich ) interpretado por Ed Begley Jr. Pouco despois da victoria do Liverpool sintonicei outra excelente serie: "A dous metros baixo terra". Nela volve aparece un avellentado, case irrecoñecible, Ed Begley Jr. facendo de amante da nai dos Fisher.

Mírome no espello e vexo a mesma persoa, pero despois de fitar aos demáis deduzo que eu tamén estarei a me volver vello.

Etiquetas:

6 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

As cousas cambian pouco, repítense ciclicamente modificando uns pequenos matices, pero o tempo non ten piedade e vai collendo cada vez máis velocidade a medida que cheira a liña de meta.

3:13 da tarde  
Blogger Ninsesabe said...

...pero lo nuestro es pasar.

12:48 da tarde  
Blogger bouzafria said...

"...Y nos vamos poniendo viejos
y el amor no lo reflejo como ayer..."

1:02 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Proust na busca do tempo perdido di, máis ou menos: "... Y entonces yo, que desde mi infancia había vivido al día y tenía por otra parte una impresión definitiva de mi mismo y de los otros, me di cuenta por primera vez, por las metamorfosis que se habían producido en todas aquellas personas, del tiempo que había pasado por ellas, lo cual me alteró por la revelación de que también había pasado para mi. E indiferente en sí misma, su vejez me afligía al advertirme de que la mía se acercaba. (...)
Y pude verme, como en el primer espejo verídico que encontrara, en los ojos de los viejos, que se creían jóvenes como me lo creía yo de mí, y que, cuando, para que me desmintieran, me citaba a mí mismo como ejemplo de viejo, a su mirada, que me veía como no se veían ellos mismos y como los veía yo, no asomaba una sola protesta. Pues no veíamos nuestro propio aspecto, nuestras propias edades, sino que cada uno, como un espejo opuesto, veía la del otro. Y seguramente muchos, al descubrir que han envejecido, se entristecerían menos que yo. Pero, en primer lugar, con la vejez ocurre como con la muerte. Algunos las afrontan con indiferencia, no porque tengan más valor que los otros, sino porque tienen menos imaginación. Además, un hombre que desde la infancia apunta a una misma idea, y para quien su pereza y hasta su estado de salud, al obligarle a aplazar siempre las realizaciones, anula cada noche el día transcurrido y perdido, tanto que la enfermedad que acelera la vejez de su cuerpo retarda la de su espíritu, se sorprende y sufre más al ver que no ha cesado de vivir en el Tiempo, que el que vive poco en sí mismo se adapta al calendario y no descubre de pronto el total de los años cuya adición ha seguido cotidianamente...

8:08 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Dende logo Proust explícao fenomenal. Como sempre, Hipatia, pásmame coa súa erudición; aínda que supoño que as súas preferencias van máis por Bernhardt ou Elías Canetti que por Proust.
Recoméndolle o video coa entrevista a Álvaro Cunqueiro en www.vieiros.com e tamén o blog do pai dun compañeiro do seu equipo: ninsesabepuntocom.blogaliza.org

9:59 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

A miña erudición limítase ao control de duas teclas CTRL-C e CTRL-V, e decir, a cortar e pegar. A obra de Proust A la busca del tiempo perdido -eixo tanxencial dun conto de Quico Cadaval, por certo- é unha das miñas preferidas, e en canto á entrevista a Alvaro Cunqueiro gustoume tanto k a publicitei en http://www.literaturame.net/upcoming.php
espero k co teu permiso. :-D S2.

11:12 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home