10 abril 2007

Cochinadas

Uso a terminoloxía que usaba a Costilletas para convidar ao Cibrán a un momento de retozo.
Desta xeira, agradezo o convite que me fan R.R e Mario a amosar cancións que acompañen ás cochinadas.

Cando cheguei a Compostela, pasei boa parte do meu tempo nos vellos barracóns do Burgo das Nacións. Daquela había dous tipos de habitacións: as luxosas de 15 m2 con servizo dentro; e as normais de 9 m2, cos aseos comunitarios ao cabo do barracón. Unha das características máis salientabeis daquela solución habitacional eran as paredes de poliespán, que permitían escoitar de noite como o veciño do lado daba a volta ao folio dos seus apuntes.
A necesaria pudorosidade nas leas do amor propiciaban o uso da música para camuflar os amorosos combates.
Comparto con vos unha desas cancións:




Das noites de farándula atlántica vive esta outra canciónn:




E para as noites calurosas, bailando e no medio da alegría do suor:



Vencidas as marioplumas, resolvirados en profundos pínices, en niolamas de argutendidas gasas, ordopenados ata o límite das gunfias, recomendo esta canción: a máis triste do mundo:

Etiquetas:

9 Comentarios:

Blogger Ana Bande said...

Eu tamén estiven pernoctando no Burgo nesas datas...pero os bruídos eran outros porque neses momentos no era residencia de estudantes. Aínda que moi triste quedo coa derradeira proposta a xeito de homenaxe. Apertas!

7:07 da tarde  
Blogger Mario said...

Que diversidade máis grande!!! A min coa historia do Burgo atormentábanme os familiares máis vellos. Parecía que cando chegase á Universidade ía ter que durmir nun barracón estilo Auschwitz, sen chave nen intimidade nen seguridade persoal/sexual de ningún tipo. Despois cando cheguei xa estaba a residencia feita pero realmente deu igual, non me deron praza.
Coincido coa canción máis triste do mundo, crónica dun final anunciado (pobre Enrique).

9:32 da tarde  
Blogger R.R. said...

A selección é curiosa, qué variedade.

Eu ó Burgo non fun máis que ás últimas festas antes de que o tiraran abaixo, e algunha canción con cochinada escoitei por alí.

Gracias pola contestación e desculpas pola enleada.

10:09 da tarde  
Blogger A rapaza do arco said...

Buá!! os barracóns do vello Burgo, as historias que andan por aí... Eu tiven a sorte de vivir os seus tempos máis modernos e xeitosiños pero o dos ruídos dos veciños seguía sendo unha costante.
Unha seleción estupenda (eu tamén botei moitas veces man de PJ Harvey), con iso non atormentarías aos teus compañeiros, eu algunha vez tiven ganas de esfolar ao do lado, que deixaba cancións de Amaral co botón de repeat pulsado.

11:03 da tarde  
Blogger Ninsesabe said...

Boa selección.
Vou ir pensando a miña.

8:38 da tarde  
Blogger Silvio Falcón said...

MENSAXE DE PETICIÓN DE ADHESIÓN AO BLOGOMILLO:

Amigos e amigas, coido que todos denunciamos aqueles que destrúen o noso medio natural.

Actuemos, movámonos contra o que está á pasar en Tomiño!

O blogomillo ten voz.

http://eu-e-galiza.blogspot.com/2007/04/realmente-noso-movmonos.html

Unha aperta

10:52 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Hola,

Son Eduardo Rolland.

Veño de ler que, ás veces, botas en falla algún dos meus artigos da miña época no Faro. Agradézoche moitísimo o comentario. Anímame moito.

Grazas e segue a darlle forte co blog.

Saúdos.

Eduardo

5:27 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Puxen a canción de Enrique Urquijo por iso do proverbio que é máis ou menos así como "Post coitum omne animal triste".
Sr. Rolland, unha honra para min que visite esta páxina. Ningún escritor coma vostede reflictiu con máis calidade - e certeira e agarimosa ironía - as características dos vigueses e as súas circunstancias.
Se mo permite, e cando teña algo de tempo, falarei diso eiquí.

9:38 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Por certo, ninsesabe, lamento o descenso do equipo de división de honra. Moito me temo que o ano que ven verémonos de novo as facianas.

9:39 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home