23 janeiro 2007

Oso Yogui


Algúns dos mellores ratos da infancia débollos ao Oso Yogui e ao seu colega Bubú. Quen nos dera eses debuxos, ou otros semellantes, na televisión actual. Hai uns días volvín saber de Yogui por mor do pasamento dun dos seus creadores.
Troco, aparentemente, de tema: Coñecín a Nicola Lococo en Donosti no ano 1993, cando estiven alí xogando o Torneo Internacional de xadrez. Falei máis de vagar con el en Salamanca en 1998 no medio da disputa do Campionato de España por equipos. El tiña moi boa relación co noso equipo, supoño que entre outras cousas porque debiamos ser o único club totalemente amateur dos que alí estabamos, e por conseguinte con moitos intereses alén dos meramente xadrecísticos. Sempre cun libro na man, o filósofo Nicola, con acenos de intelixente xesuítica, caeume sempre ben.
Entérome agora que a Fiscalía do Estado volve a se lucir pretendendo o procesamento de Nicola Lococo por falar en nome do Oso Yogui. Alucino. No caso, improbable, que Nicola lea isto, debe saber que ademáis da miña amizade ten a miña simpatía e solidariedade.
Xa mo dicía o meu xefe da Praia de Palma: "non se cuspe a barlovento".

6 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Que marabilla, Yogui. Aquela dobraxe... aqueles emparedados... aquel parque de Yelowston ( ou como se escriba ).

4:51 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

A fiscalía toleou. E logo son os primeiros que botan as mans a cabeza co tema das caricaturas de Mahoma e coa falta de liberdade para os xornalistas en Marrocos.

5:10 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Aposto a que a Fiscalía non tería actuado se o mesmo artigo tivera saído en xornais non vascos, coma "La Razón", "ABC", ou "La Vanguardia", por exemplo.

5:45 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

... se actuara nese suposto, colapsaría os xulgados cos xornalistas liberais.

5:49 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Pero que manía teñen estes persoaxes de liarse a tiros coa fauna local e internacional.
Faino Fraga, facíao Franco, Carlos III, et. Parece que lle ven de herencia, coño.

7:34 da tarde  
Blogger Mario said...

Eu tamén teño gratas lembranzas do yogui. E o da fiscalía eu víao vir desde que lin o artigo (porque este país e o do lado están compentindo nos campionatos segredos de surrealismo).

8:12 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home