20 outubro 2006

Os meus deportistas favoritos


Eu son dos que aínda pensan que non todo vale no deporte. Que é máis importante a forma de conquerir as cousas que o resultado final. Que deberían ser fortemente sancionados os tramposos, os pícaros.
Eu penso que un deportista debe sempre procurar a victoria, pero tendo en conta que iso non é o importante senón o valor do teu esforzo e talento para acadala.
Os meus heróes favoritos no deporte non foron gañadores, pero dende logo tampouco se lles pode calificar de perdedores, porque non só gaña o vencedor.
O trofeo que máis ilusión me fixo que me entregaran foi un cadrado de poliespán, cun 2 pintado con rotulador negro. Foi unha noite na Sala Nasa, e mentres Mofa e Befa mo entregaban, Quico Cadaval desfollaba con bo humor tódolos méritos que eu acumulara para ser coñecido como o Poulidor do xadrez compostelán. E non me importa, porque eu admiro a Lutz Long, a Peter Norman...e claro, tamén a Pou Pou.
Lutz Long foi un auténtico heróe: máximo competidor de Jesse Owens na proba de salto de lonxitude nas Olimpiadas do ano 36 en Berlín, diante de Hitler. Long aconsellou a Owens como tiña que facer a talonación previa ao definitivo salto, xa que o estadounidense fixera nulos nos anteriores. Despois, cando Owens gañou a proba foi Long o primeiro en felicitalo. Lutz Long morreu como soldado alemán na Segunda Guerra Mundial, pero Owens nunca esqueceu aquel bo home branco ao que consideraba amigo.
Peter Norman ficou segundo na carreira máis rápida da historia, entre os estadounidenses Tommie Smith e John Carlos. No famoso pódium el non levaba luva negra pero si unha insignia do Proxecto Olímpico para os Dereitos Humáns. Hai dúas semanas, cando morreu, os seus colegas de foto, Smith e Carlos, viaxaron ata Melbourne ao seu funeral.

4 Comentarios:

Blogger Silvio Falcón said...

Deportistas como manda "A lei de Deus" xa quedan poucos. Hai demasiadas cousas artificias que...

Por certo, no meu blog falo de Ervedelo, pode interesarche.

Saúdos

11:17 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Graciñas, ata alá vou.

1:33 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Agora hai polo xeral tanta competítividade e tan pouco deporte que un servidor emociónase cando nun acontecemento deportivo pode verse un xesto deportivo calquera, aínda que pareza unha contradicción.

11:26 da tarde  
Blogger Moralla said...

Grazas polo teu comentario en MORALLA e benvido!! Alégrame saber que sexas admirador do XENIO. Se hai alguén que sexa mago e rei da imaxinación e do desorde máxico na literatura hispana, ese é Cortázar e toda a súa obra.
Apertas de Yoli

9:48 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home