25 maio 2010

Horas posteriores

Dicía onte que pensaba que hoxe íame deitar ledo. Aínda dáballe creto a vellas verbas: memoria, lealdade... Que pouquiño sabedes.
Contáronme hai moi pouco a historia. Eu non a coñecía: vivía lonxe de Compostela, física e mentalmente, estudando o bacharelato. Seica no 1984 houbo tres candidatos a reitor da Universidade galega. O conservador Miguel Ángel Ríos, o socialista Carlos Pajares Vales, e o recuperado galeguista Xosé Manuel Beiras Torrado. A primeira volta remata coa eliminación de Beiras da carreira a San Xerome.
A xente da PUP de Pajares comezan a negociar cos nacionalistas, os cales deciden, vencendo resistencias internas, dar o seu voto ao socialista, que gracias a eles gañou.
A primeira ollada aos resultados de hoxe bástame para deducir que desta volta os da PUP non cumpriron coa reciprocidade que - supoño - demandaba o grupo liderado por Lourenzo Fernández Prieto. Pola contra, semella que os seus votos foron para Casares Long.

Lamento o resultado, porque sen coñecer ren do equipo de Casares ( e iso que non son poucos), podo asegurar que a USC perdeu non so un excelente reitor senón un equipo extraordinariamente competente. Porque aínda que eu non podo votar nas eleccións universitarias, sinto a USC como propia, como parte non pequena da miña vida.
E non só lamento o resultado pola USC senón polo que significa para o necesario cambio na Xunta dentro de tres anos (e antes nas municipais): ¿É posible un acordo PSOE-BNG?¿Votaría o Psoe ao candidato nacionalista se este tivera mais votos que o seu, ou o Psoe preferiría un goberno conservador, como estamos vendo na USC?

Pódeseme argumentar de contrario que as eleccións universitarias non levan a mesma dinámica que as puramente políticas. É certo que os intereses (económicos) dos departamentos ou facultades arrastran votos; que as antipatías persoais tamén restan, e que a ideoloxía séntese mais difusa. Pode ser. Pero que no templo da ciencia sexan efectuados experimentos como que os autodenominados socialistas prefiran ao candidato conservador antes que ao nacionalista (moderado e eficaz) faime lembrar que teño que volver mercar canto antes o libriño de Carlo Cipolla.

Etiquetas:

2 Comentarios:

Blogger R.R. said...

Moita falta fai ir lendo e relendo ese libro, si ho...

12:54 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Os socialistas sempre, sempre, na Universisde, nos concellos, nas Deputacións, no Parlamento, foron desleais cós nazonalistas.
BF

3:41 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home