18 fevereiro 2010

Obradoiro

Que o Obradoiro compita na actualidade na ACB é un milagre que ten varios responsables: a perseverancia do presidente Docobo, un astrónomo seguidor de D. Ramón María Aller; os fíos movidos por detrás - como lle gusta - a "Petene" Rivera; o compromiso de Raúl López, o presidente do Breogán, que mandou a súa mellor avogada a xestionar o ingreso do club compostelán na máxima competición, no penúltimo chanzo. Mención sobranceira merece a afección que os domingos pola mañá enche o multiusos do Sar ( que lonxe está na memoria o vello pavillón do Sar onde eu vin unha exhibición do pequeno dos Llorente ) e que foi testemuña privilexiada das sorprendentes e históricas victorias contra o Real Madrid e o Joventut.
Pero todo iso foi posible gracias a Alberto Blanco e a Miguel Juane, que dun xeito absolutamente profesional e riguroso, nun equipo de estructura absolutamente amateur, foron quen de erguer ante o escepticismo xeral un equipo modesto pero competitivo.
Os ciumes pasan factura e a constante maldición do deporte compostelán de elite, que adoita carecer de directivos á altura da categoría de cadanseus equipos, ven de cobrar outra víctima na persoa de Juane. Esta incomprensible decisión non augura nada bo, traslada a presión aos verdugos, perxudica o funcionamento ordinario da entidade e anticipa o desastre deportivo que está por vir.
Mágoa.

Etiquetas: