Horas previas
Escoitei aos outros dicir que estaba xa feito. Sentín a unha das nosas razoar o seu pesimismo, mentres que un dos nosos entregaba os cálculos do seu optimismo. Os máis curtidos dicían: empate agora, hai partido.
Dos cinco que perderon o 5 de maio, catro recibiron votos progresistas. Resístome a crer que vaian escoller a opción conservadora antes ca galeguista: qué mala premonición sería para os que pensamos posible un cambio na Xunta no 2013.
Creo que mañá pola noite deitareime ledo.
Días de sol.
Mentras o tomo, espero.
Dos cinco que perderon o 5 de maio, catro recibiron votos progresistas. Resístome a crer que vaian escoller a opción conservadora antes ca galeguista: qué mala premonición sería para os que pensamos posible un cambio na Xunta no 2013.
Creo que mañá pola noite deitareime ledo.
Días de sol.
Mentras o tomo, espero.
Etiquetas: universidade
3 Comentarios:
E ti cres que todo iso é tan sinxelo? A min na universidade non me saen os cálculos conservador progresista.
É todo menos sinxelo: as dinámicas propias dos departamentos xogan un papel moi importante. E falamos dun universo pechado onde ao cabo todo o mundo é coñecido, e por ende, as filias e fobias poden mandar máis ca ideoloxía.
Ollando a Vigo, exemplo claro da non sinxeleza:¿por qué se presentan dous candidatos ideolóxicamente semellantes? ¿por que os dous obteñen malos resultados nas súas facultades?
As eleccións universitarias parécenme apaixoantes por isto e por outras cousas, pero a compoñenete ideolóxica debería ser tida tamén en conta: non é o mesmo que o reitor sexa un conservador que un galeguista.
Por certo, Arume. Esta fin de semana durmín en Loureiros 12, ¿sóalle, non?
Onde pasei cinco anos da miña vida. O cuarto do primeiro que fai esquina, máis concretamente. Que podo dicir?
Sobre o outro, para min ser conservador depende da situación da universidade. O que gañou en Vigo di que desexa mudar moito as cousas, pero a xente que o votou é conservadora, en sentido estricto: non quere que lle muden moito o seu status. Está ben así.
Non só que obteñan malos resultados nas súas facultades: o reitor non saiu claustral e Cabeza saiu porque era máis vello no choio.
Ser galeguista nunha universidade tampouco é unha categoría esencial. Pode gustar máis ou menos, pero, en que se traduce? Ás veces vale máis de máscara bonita (que ademais non custa nada) ca de outra cousa.
Enviar um comentário
<< Home