O país invisible
Están ao carón noso, pero non os vemos. Portugal non existe. Hoxe está o país do sul do Minho saloucando por sete rapazas mortas nun accidente na estrada de Penafiel, mentres na España ninguén sabe que lle pasa ao veciño humilde... ninguén quere saber.
Unha rápida pescuda polos xornais dixitais de Galiza, Madrid e Barcelona deixan a certeza que no estado español os asuntos portugueses non interesan: agás unha notiña na Región de Ourense, ninguén ecoou a mala nova das estradas portuguesas.
Coñecemos Portugal? Sabemos algo da súa historia? da súa historia contada por eles e da súa historia contada polos casteláns? Quen foi Brites de Almeida? Qué pasou en Aljubarrota e por que?
Hai excepcións ao desprezo secular: Nos actuais días electorais portugueses unha candidata conservadora pon en cuestión as infraestructuras do ferrocarril e os seus enlaces con Vigo e Madrid, o que provocou a atención moderada dos medios de comunicación. Sen entrar no fondo do asunto, unha estupidez, a escolla de Manuela Ferreira Leite non é casual, porque o victimismo demagóxico sobre España da tantos réditos en Portugal coma na España o discurso infinito da ruptura do estado.
Mentres tanto eu estarei atento á pantalla, para ver as xogadas de Pablo Aimar e do coello Saviola.

Etiquetas: portugal
2 Comentarios:
Si, é unha vergonza que España e Portugal sigan vivindo viradas de costas. Unha perda para ambas.
Mais o dos mortos nos accidentes, por desgraza, é unha nova que dá canseira. Síntoo, pero se iso pasase no Vicedo sairía no Progreso, un chisco no resto dos xornais galegos e nada nos estatais. Os mortos da estrada non chaman a atención, ata que é un dos nosos. Son demasiados. Cifras.
Si, pero non consigo comprender porque os mortos de Penafiel vannos ser máis lonxanos ca os de Manacor.
O da perda para ambas é literal: Portugal leva séculos preferindo facer negocios co Reino Unido que con España... por algo será. Adianto a resposta: polo comportamento colonialista e agresivo do veciño oriental. Estúpidos. Na colaboración gañabamos todos.
Enviar um comentário
<< Home