31 agosto 2009

30 anos sen Celso Emilio

Las Acacias: colexio feminino do Opus Dei, hoxe ben felices porque o inefábel Jesús Vázquez - o aínda Conselleiro de Alberto Núñez-, tivo a ben regalarlles cartos de todos nós por non se sabe ben que méritos se os houber. Las Acacias, dicía, tiveron o seu aposentamento en instalacións sitas entre a rúa Taboada Leal e a avenida do Marqués de Alcedo. Aos poucos de eu iniciar a miña vida escolar, o colexio de nenas guapas e loiras trasladouse lonxe do medio da cidade ás beiras do límite do concello ( no camiño da Parrocha: xustiza divina) sabe Deus os mótivos.
Despois, naquel solar do Castro estivo de xeito provisional o Mercado do Progreso mentres non se culminaba o adefesio propio, e cando os guindastres apareceron aínda houbo espazo verde suficiente para permitir a colocación dun busto pétreo do maior poeta galego, chegado directamente do despacho da alcaldía do compañeiro Soto.

Cúmprese o cabodano de Celso Emilio Ferreiro Miguez (procurador dos tribunais como Manuel María) e non hai nova algunha de conmemoración. Non era de agardar, por outra banda, que por parte de quen máis nos representa, tiveran o ánimo de o facer, pero tamén semella que os outros - todos nos - esquecemos ben cedo aos poetas maiores.

Pode o corpo ser vencido,
pode o dereito ser torto,
mais o lume que alampea,
mais o lume que alampea,
xamais o veredes morto.

Etiquetas: ,

1 Comentarios:

Blogger Ian said...

O mesmo día que posteaba vostede, Brétemas crebaba o esquecemento oficial en FdV:
http://www.farodevigo.es/opinion/2009/08/30/celso-emilio-ferreiro-30-aniversario/363325.html

6:54 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home