Premio Fonseca
A primeira edición do Premio Fonseca, instituido pola Universidade de Santiago de Compostela foi todo un exitazo: Stephen Hawking converteuse nun acontecemento social con repercusión en todo o Estado.
Os meus maiores parabéns ao eficaz profesor Jorge Mira.
Superar - igualar - o acontecido na primeira edición vai ser imposible, pero teño curiosidade por saber quen vai ser gañador este ano. Deixo de contado as miñas apostas, colocadas de maior a menor posibilidades segundo o meu criterio.
Saberemos a resposta en non moito tempo.
Os meus maiores parabéns ao eficaz profesor Jorge Mira.
Superar - igualar - o acontecido na primeira edición vai ser imposible, pero teño curiosidade por saber quen vai ser gañador este ano. Deixo de contado as miñas apostas, colocadas de maior a menor posibilidades segundo o meu criterio.
Saberemos a resposta en non moito tempo.
- Noam Chomsky: 80 anos. Pode que o máis coñecido polo público en xeral. Candidatura sen defectos a priori.
- Lynn Margulis: 71 anos. Todo son vantaxes: prestixiosa, de idade experimentada pero non vella, foi a primeira muller de Carl Sagan, polo que tamén habería unha proxección de recoñecemento póstumo ao gran divulgador.
- David Attenborough: 83 anos. Da miña lista, seguramente o que suscitaría a maior unanimidade en canto a excelencia como divulgador. Problema: a idade.
- Richard Dawkins: 68 anos. Moi coñecido. Habería repercusión mediática. Problemas: pode que algo xoven e políticamente arriscado: ateo militante proselitista, demasiado audaz para unha cidade coma Santiago de Compostela.
- James Lovelock: 89 anos. Prestixio científico, personalidade independente, epatante. Problema: idade avanzada.
- Rita Levi Montalcini: 100 anos. Todo vantaxes menos un dato: a súa idade
- Martin Gardner: 94 anos. Idem que Montalcini.
- Steven Pinker: 54 anos. Demasiado xoven.
Etiquetas: Ciencia, universidade
2 Comentarios:
Ante esta lista, síntome como unha nena nunha tenda de gominolas. Non sabería cal escoller! Coido que o meu top 3 estaría conformado por Chomski, Montalcini e Dawkins.
Graciñas, Raíña, bonito troco.
Eu escollería a Montalcini, pero non creo que acerte. Digna sucesora de Hawking. Pero non teño nin idea, como son de letras pode ser que me esqueza de alguén importante (seguro).
Enviar um comentário
<< Home