Aborto, notas.
Anotacións sobre o anteproxecto de lei que regulará o aborto:
- A futura lexislación equipárase á existente nos países do noso entorno.
- Porén, o estado actual da doctrina do Tribunal Constitucional, procedente dunha sentenza de 1985, provocará unha situación de pendencia xurídica cun resultado incerto: os actuais maxistrados do TC terán o valor de modificar unha liña argumental de hai 24 anos? Non sabería anticipar a súa resolución.
- Aborto como exemplo de hipocresía consentida: a situación actual é en realidade semellante a un modelo de aborto libre pero caro ( agás os casos de malformacións xenéticas moi graves, onde - de mala gaña - actua a seguridade social ). Solucionar esa inadecuación entre lexislación aplicable ( coa filosofía de que as mulleres que abortan non deben ir á cadea ) e realidade social é plausible; e buscar a solución que xa leva tempo adoptada en estados coma o noso é razoable.
- Misturar lei e relixión é un feo asunto, pois a lei abrangue a tódolos cidadáns mentres que as conviccións relixiosas das persoas adultas deberían ficar no ámbito máis privado posible. Dito o cal, o Estado debería estar firme ante os intentos de proselitismo das relixións e do seu intento de marcar e influir a axenda lexislativa: a experiencia desde a transición española demóstranos o contrario: a permeabilidade dos sucesivos gobernos ante a presión da xerarquía católica; mágoa.
- Abortar non é unha festa. Ás veces é un mal necesario. Independentemente da cualificación que lle demos, o problema existe e as cifras anuais de abortos son constantes dende hai tempo, mesmo cando non estaba despenalizado. Pechar os ollos ante esa realidade non axuda a solucionala.
- Deberiamos recoñecer que dende unha ética laica se poidan ter obxecións a solución adoptada a este problema, ou ao feito mesmo da simple despenalización do aborto. Pero nun estado democrático as leis son aprobadas pola maioría parlamentaria, que representan á maioría da sociedade: esas son as regras do xogo.
- Recomendable, como case sempre ( especialmente cando escribe do Prestige ) esta columna do profesor ( moi bo, por certo ) Carlos Martínez Buján.
- Unha dúbida: cales foron as motivacións políticas para seguir adiante coa posibilidade de que as rapazas de 16 anos poidan decidir abortar sen necesidade de autorización?
- Remato cunha convicción persoal: fago miñas as verbas de Mosterín
3 Comentarios:
Este comentário foi removido pelo autor.
Un post moi interesante, coido que resumes á perfección os puntos quentes do tema. Do precioso artigo de Mosterín quédome con esta frase "El aborto, como el divorcio o los bomberos, se inventó para cuando las cosas fallan".
Nalgúns parágrafos penso que Mosterín pasouse de freada, pero é moi difícil conducir co asfalto levantado, de noite pecha, e con espectadores que pretenden que non chegues á meta (a meta non é outra que pensar con claridade e independencia)
Enviar um comentário
<< Home