Ortiz
Entérome da morte de Javier Ortiz xusto antes de xantar, ás tres da tarde, cando o amigo B. ofréceme as súas condolencias polo que sabe vai ser do meu desagrado. Entristéceme o día enteiro, e o chegar a casa á noitiña, mentres o Barcelona non é capaz de furar a arañeira do Chelsea, pescudo na internet as malas novas sobre a morte dun xornalista exemplar: honesto e insobornable, valente ( triste época a nosa, parafraseando a Dürrenmatt, cando a valentía non é máis - nin menos- que dicir o que se pensa ).
Porque Javier Ortiz pensaba, e pensaba moito e despois falaba. Era unha voz distinta e intelixente, razoada e razoable.
Dende onte perdimos para sempre unha perspectiva valiosa de ver as cousas (públicas), e non andamos moi sobrados delas.

Etiquetas: obituarios
1 Comentarios:
Joder, vaia disgusto acabo de levar. E agora a quen vou ler con ganas cando mire a prensa?
Enviar um comentário
<< Home