29 abril 2009

Desaparecida en casa

Dende que apareceron por casa os dous libros disponibeis de Stieg Larsson, os nenos quedaron sen nai, totalmente absorta na novela, caneando horas ao sono e comendo rápido para gañar os minutos precisos que lle permiten rematar a pequena pero inmensa droga gozosa e gorentosa da lectura.
Teño a encomenda perentoria de lle conseguir o terceiro volume nada máis saia do prelo.
Eu, por se acaso, e no entanto, négome a ler tales cousas, non vaia ficar agarrrado á tinta e non poida sair traballar.
E mentras ela segue allea ao mundo eu vou rematando o primeiro de David Trueba, e con vagar van caendo as páxinas doutro de Richard Dawkins (grazas B.). Máis cedo que tarde afrontaremos a hipótese de Gaia e coñeceremos máis de James Lovelock.
No banquiño dos reservas agardan a súa quenda Bruce Chatwin e Lawrence Durrell.

Etiquetas:

4 Comentarios:

Blogger Ian said...

O primeiro engaiola máis que o segundo, polo menos no meu caso. Ánimo cun bo ritmo de lectura, a familia recupera a integridade nunha semana.

12:47 da manhã  
Blogger R.R. said...

Teño unhas ganas de coller ó Larsson por banda! Pero esperarei a que alguén mo preste, que total o home xa non vai disfrutar dos meus euros e os da editora están forrados.

Na miña casa, afortunadamente, os síntomas Larsonianos aparecen e o resto da plantilla segue a teoría de Gaia e o equilibrio mantense. Impresionante.

9:14 da manhã  
Blogger bouzafria said...

Queda adiada sine die a lectura de Larsson: levo tres días enganchadísimo a unha serie excelente: A Ala Oeste da Casa Branca. Xa, esporadicamente, tivera ocasión de ollar algún capítulo solto nas madrugadas de hai algúns anos e parecérame moi interesante, pero agora que a estou vendo toda seguido a impresión mellora exponencialmente: tería que me remontar aos tempos de Lou Grant ou a Hill Street Blues para lembrar unha serie que me impresionara tanto (e sen acción, só coa forza e intelixencia das palabras). Seguirei atento á pantalla.

5:27 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

After getting more than 10000 visitors/day to my website I thought your bouzafria.blogspot.com website also need unstoppable flow of traffic...

Use this BRAND NEW software and get all the traffic for your website you will ever need ...

= = > > http://get-massive-autopilot-traffic.com

In testing phase it generated 867,981 visitors and $540,340.

Then another $86,299.13 in 90 days to be exact. That's $958.88 a
day!!

And all it took was 10 minutes to set up and run.

But how does it work??

You just configure the system, click the mouse button a few
times, activate the software, copy and paste a few links and
you're done!!

Click the link BELOW as you're about to witness a software that
could be a MAJOR turning point to your success.

= = > > http://get-massive-autopilot-traffic.com

9:39 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home