A final da Champions
Hoxe vai estar medio mundo vendo o que pase en Roma na final entre o Barcelona e o Manchester United. Medio mundo e non esaxero: o deporte converteuse no maior espectáculo universal destes tempos, e de entre os deportes domina o fútbol, a pesares da súa escasa implantación nos USA e do seu lento acordar no extremo oriente. Poucas cousas pode haber máis vistas no mundo que unha final dun mundial, pero abrindo boca ao manxar da cada catro anos petiscamos estas finais de Champions ( Copa de Europa era máis simple pero tamén menos pedante ) co anceio de ver isos anaquiños de fútbol que poden chegar a emocionar.
Porque a aqueles que coma min non temos vinculacións sentimentais poderosas cos contendentes valeríanos, que non é pouco, que o xogo fora bo e bonito, como o que, por certo, leva meses practicando o FC Barcelona dese home elegante dentro e fora do "alpiste verde de sosiego de tiza galonado", da lameira, que foi e é Guardiola ( o seu último partido como xogador coa camiseta do Barcelona foi contra aquel grandísimo Celtiña nos últimos días da primavera de 2001).
Eu quero que gañe o Barcelona hoxe. Pero non por patriotismo ( a miña patria e a súa non coinciden ), nin sequera por vecindade ou por sentimentos. Nunca fun do Barcelona e aqueles duplos enfrontamentos nas eliminatorias do 2001 contra o Celta na Copa do Rei e na UEFA - onde o Celta foi mellor nas dúas aínda que só clasificara nunha ( ai a cabeciña que se agacha de Giovanella, o xogador máis sobrevalorado, cousas do cariño, na historia do Celta), deixaron vivas feridas que só o tempo vai pechando. De xeito que, a priori, eu quero que perda sempre o Barcelona - agás cando xoga co Madrid - , pois ben cheo estou de que os medios de comunicación me comuniquen a todas horas as últimas incidencias do gran de pus que lle saliu a calquer suplente do Madrid na fazula.
Eu quero que gañe o Barcelona por estética pura, por ética deportiva, por Pinto, por Guardiola - un tipo que me cae xenial. Quero que gañen porque xogan moi ben, porque son valentes e audaces. Do mesmo xeito desexei a victoria de Rusia de Arshavin na Eurocopa contra a decepcionante Holanda, ou sorrín co gol de Torres na final contra os aburridos tedescos.
Fuxo da política no deporte - aínda que todo é política e posiblemente todo é deporte -, e fuxo dos símbolos de indentificación de camisetas con cidades, con nacións, con estados, porque cando o Celta perde, e abofé que está perdendo moito, non perdo eu nin perde Vigo nin Galicia, por moito que entristeza persoalmente ( por qué entristece? será que aínda somos nenos, e o fútbol está sendo a ultima fírgoa por onde axexar o que fomos hai anos, cando iamos de pantalóns curtos á escola).
Remato que vai escomenzar o partido e non sei aínda onde o ir ver. Espero ver un bonito espectáculo, un bo partido, e que gañe o Barcelona.
Digo.

Etiquetas: fútbol
3 Comentarios:
Hostias, bouzosky, es dos meus. Manda carallo, celtista e antimadridista.
NORABOA, TI MIRA.
Caray, Arume. Primeiro Xosé Manuel Pereiro e agora Alfredo Conde. E comparándome con vostede... menos mal que os dous non me coñecen en persoa.
Carqueixa: celtista si que lle son, é maís: penso que é unha actitude ante a vida (evidentemente esaxero, pero xa sabe iso do glamour dos derrotados). Pero prefiro que non se me cualifique como un "anti...". Se quero que perda o Madrid, ou o Barcelona é porque estou farto dos poderosos, dos medios de comunicación que rumbean aínda máis aos fatuos xogadores.
Voulle dicir unha cousa: cando fago a quiniela reservo unha columna a pór os resultados que queiro que saian: sempre aposto polo equipo que vai por debaixo na clasificación, agás o caso que existan outra consideracións especiais: cando o Madrid- Barcelona do 2-6 quería que gañara o Barcelona, pero por cuestión éticas-estéticas.
Canto falamos de deporte: é agora o opio do pobo, si, pero un opio ben agradable, e non debemos esquecer que Camus dicía que todo o que aprendeu de moral debíallo ao fútbol.
Enviar um comentário
<< Home