Pontevedra e os feixóns
Escoito na Radio Galega unha agradábel charla entre Paco Carreira e Manuel Vicente, de Efervesciencia, que explica que nestes días Pontevedra é a capital mundial dos feixóns.
Despois dunhas consideracións teóricas sobre o phaseolus vulgaris e a importancia dos metais (magnesio, zinc) no mantemento da cor verde das legumes, decátome que teñen razón, dende o 1 de marzo Pontevedra é a capital mundial dos feixóns.
Sobre a forma da escrita do apelido procedente de phaseolus, eu, que son un home lido, sei algo. As lecturas de Gonzalo Navaza e Méndez Ferrín máis as miñas pescudas en pergameos húmidos no arquivo histórico diocesán de Ourense ensináronme as seguintes cousas: que o segundo apelido do Presidente da Xunta era xa común hai tres séculos en Auria, e que a evolución da grafía foi constante, aspecto éste lóxico se temos en conta que a alfabetización daquela no rural estaba na exclusiva do clero e que éstes tiñan que traducir os sons das verbas a unha grafía sen fixar.
Deste xeito, consulto os apuntes, na parroquia de Velle había algún Feixó, pero o que abundaban eran os Feijó (o dato máis vello é a voda de Clemente Feijó Martiñá o 26 de xuño de 1743; e o dato máis novo é a morte de Magdalena Feijó Rodríguez o 7 de decembro de 1893), mentres que con Feijoo o dato máis vello é o nacemento de Francisca Feijoo Prada o 8 de abril de 1754, mentres que os máis recentes chegan á actualidade.
Realmente non hai acordo de cómo escribir o segundo apelido do Presidente é por conseguinte, e por outra razón máis que vou calar, de agora en adiante referireime a el como Alberto Núñez, que así non hai lugar á confusión.

Etiquetas: onomástica, Velle
2 Comentarios:
Sexa vostede seguidor deles neste aspecto e utilice a lingua universal: chámeo Mr. Bean e asunto resolto.
Por certo, e por se non o expliquei ben: Nunha mesma familia había Feijó e Feijoo; mesmo nalgún caso bautizábante cun o e casaban cos dous para enterrarte de volta cun só.
Curiosidades que xa conte hai meses.
Enviar um comentário
<< Home