24 maio 2009

Bilingüismo

Bilingüismo, ou sobre a imposición do catalán.
"En Cataluña el español está perseguido, como viene denunciando reiteradamente..."

Etiquetas:

2 Comentarios:

Blogger Hipatia said...

A torre de papel: http://blogs.publico.es/manel/595/las-vernaculas/
:-DDD

11:50 da manhã  
Blogger Costadamorte said...

Na defensa da língua galega na campaña das Europeas!

Por pura supervivencia do galego é imprescindible darlle nistas eleccións europeas un toque a Feijoo para que cese na persecución da nosa lingua...

Polo galego, na Galicia hai que votar contra a política de contínuo ataque a lingua galega do presidente Feijoo, a fin de contas istas eleccións non son determinantes para configurar gobernos, pero si sirven para pulsar a opinión dos votantes...

Eu penso que o mais eficiente e votar BNG, pero se isa opción parecelles demasiado extrema aos votantes tradicionais do PP, tamén lles propoño que voten a papeleta do seu partido, (o PP), pero escribindo algo a prol do galego para que o voto sexa nulo...


Tratase de facerlle comprender a Feijoo que con isa política linguística galegofoba que está a encetar, pode perder mais votos de galegofalantes conservadores que os que vai gañar dos radicais antigalegos de "Galicia Bilingue".

Xa que isa parece ser a única linguaxe que entende, a linguaxe electoral, cecais unha baixada do PP na Galicia xunto cun incremento do voto o BNG e de votos nulos sobre papeletas do PP pode ser unha mensaxe intelexible para el...

Porque eu creo na liberdade e nos dereitos individuais, pero tamen na responsabilidade e nos deberes. Para poder escoller si queres falar galego ou castellano, (as dúas linguas oficiais na Galicia), tes que dominar as dúas, e logo podes escoller, tes verdadeira liberdade de escoller.

Feijoo pretende, na práctica, que a maioría da xente escolla "voluntariamente" o castellano, para o cal está a buscar o xeito de que se estudie o mínimo en galego e de feito, non o domine. Para min iso é atacar o galego...

O mesmo no caso dos funcionarios, o que persiguen as medidas que impulsa Feijoo é facilitar o acceso a función pública con descoñecemento expreso do galego aos profesionais dos niveis superiores, (co que ademais se reforza a idea de que o galego non é convinte para os altos cargos e profesionais de éxito, e soio sirve para paletos, aldeáns e funcionaros subalternos), e facilitando ademais que a administración galega se nutra de funcionarios de fora. Para mín iso tamén é atacar o galego...

Agora dúas medidas mais de claro ataque ao galego, por unha parte a Deputación de Pontevedra decide deixar de mercar libros en galego para as bibliotecas públicas, (suprime sen previo aviso un convenio que xa tiña vinte anos de antiguedade por un importe de 40.000 euros anuais). Doutra a Consellería de Cultura recorta un 25% as axudas ao libro galego, pasando de menos de 300.000 euros anuais a pouco mais de 200.000. E ben, se estas medidas son para aforrar, entón, ¿por que Feijoo decidiu incrementar ate dous millóns e medio de euros as subvencións aos medios, (xornais e radios), que se expresan fundamentalmente en castellano?. Isto si que xa é claramente perseguir a lingua galega...

Por todo elo, é polo que tento de pedir aos poderes públicos que cumpran o mandato legal, (da Constitución, do Estatuto e da Lei de Normalización Linguística), de protexer e potenciar a língua propia e oficial da Galicia e convido a todos a presionar ao máximo responsable a cumprir o seu deber legal.

6:54 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home