21 maio 2009

Fonseca, actualización

Retomo o fío do exposto sobre o futuro Premio Fonseca.
A vantaxe de ser de letras é que non estás sobreinfluído polos teus coñecementos, e neste caso, que se valora a divulgación, a opinión dos legos é tan importante coma a dos expertos.
Aproveito o consello de Benxa para sacarlle puntos a Lynn Margulis, segundo el demasiado polémica, e engado o nome de Oliver Sacks, engaiolado como estou na lectura de "El hombre que confundió a su mujer con un sombrero"
De tódolos xeitos, parole, parole, parole; o falar non ten cancelas. Non depende de min, afortunadamente, e o que saia, seguro que bo será.

Etiquetas:

4 Comentarios:

Blogger R.R. said...

O Oliver Sacks é ben interesante: recoméndolle tamén esa de "Un antropólogo en Marte" (aínda que recoñezao que nalgún momento caeume das mans).

10:50 da manhã  
Blogger benxa said...

Moi bo Oliver Sacks. Outro nome para vostede: Walter Alvarez. Aos cativos íalles encantar. E se o que se valora é a divulgación, propoño a Bill Bryson ou a Eduardo Punset.

3:31 da tarde  
Blogger benxa said...

Esquecíame: outro candidato interesante sería Roger Penrose. Aínda que traballa en temas de física matemática moi complexos, ten escrito libros con propósito divulgativo. E ten un irmán xadrecista, o que sempre da puntos extra :-)

3:39 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Graciñas pola recomendación, r.r.
Hai unha famosa partida entre Mikhail Tal e Penrose (gañou, claro, o letón; por certo, magnífica a frase de Tal cando perdeu a coroa de campión do mundo, díxolle que non lle preocupaba porque o título de campión do mundo é perecedeiro pero o de ex-campión é eterno).
O irmán, ese chamado Roger, ten boa pinta.

10:21 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home