06 março 2008

Ópera Prima

O mellor xadrecista galego contemporáneo dos últimos anos (aínda que nado en Madrid) regálame a primeira película de Fernando Trueba. É Matías un dos meus personaxes favoritos de ficción: cámpanlle ben esas cirolas longas que loce segundos antes de se deitar - sen deixar de falar - coa rapaza bohemia.

Obra notable para ser a primeira dun autor, cunha meditada linguaxe visual.
Recoñezo ter usado algún consello de Antonio Resines, e ter admirado a unha excelente actriz: Kiti Manver.

Etiquetas:

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Non serán os consellos para a exaculación precoz?

8:16 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Ademáis de pensar na morte, tamén pode ser de utilidade a repetición mental de listas, verbigratia: Aguerre, Hidalgo, Rivas, Navarro, Fernández Amado, Manolo, Lezcano, Juan, Doblas, Castro e Jiménez; ou ben: Dutruel, Salgado, Cáceres, Djorovic, Berges, Mazinho, Makelele, Karpin, Mostovoi, Revivo e Penev.

Podería ser que alguén empezara por Sadurní, Rifé, Gallego, Costas, Torres, Asensi, Marcial...

1:22 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home