Paulino
Paulino Vázquez é un amigo: persoa de conviccións propias - heterodoxas-, poeta culto, xadrecista entusiasta. Lembro con agarimo a miña primeira viaxe a Andalucía, ( Linares, Granada e Córdoba) guiados por Guillermo Domínguez e na compaña de Paulino, María José Varela e Xosé Luis Veiga Goy. Houbo un tempo que eu vía case tódalas noites no Atlántico a Paulino, que viña co Tristram Shandy baixo o brazo, entusiasmado que estaba daquela coa súa lectura ( anos despois descobrín eu pegadas de Sterne na excelente "Vida: modo de emprego" de Perec).
Hoxe pola tarde volvino ver nas rúas de Compostela. Ía ledo: vai volver ser pai en pouco tempo e xustamente hoxe estaba de aniversario.
Parabéns e moita felicidade, Paulino e familia.
Hoxe pola tarde volvino ver nas rúas de Compostela. Ía ledo: vai volver ser pai en pouco tempo e xustamente hoxe estaba de aniversario.
Parabéns e moita felicidade, Paulino e familia.
Etiquetas: amigos
3 Comentarios:
é por preguntar, ese Paulino non daría clases no Xelmírez II en Compostela, non?
Besbe, eu creo que aínda as da.
Pois alédome moito por el, magnífico mestre e sorprendente persoa. Unha ex-alumna.
Enviar um comentário
<< Home