06 março 2008

Javier Bardem


Levei unha boa alegría o outro día cando lle deron o Oscar a un tipo que me parece honesto e coherente, e un excelentísimo actor, capaz de se transformar completamente en calquer persoa que poida imaxinar se está detrás un bo guión e unha precisa dirección.
Di o imdb que o primeiro papel como actor de Javier Bardem foi na serie "El Pícaro" de Fernán Gómez cando era un neno moi pequeno.

Porén, eu teño clara a miña primeira lembranza del, da que non atopei copia nos mergullos internet por dentro: Bardem debería ter entre dezaseis e dezaoito anos, e saía figurando e cantando no videoclip de "Los Sencillos" chamado "No, por eso no (quiero que tú te vayas de aquí) ".

Deixo en consolación a foto sacada do ebay.

Etiquetas: ,

2 Comentarios:

Blogger Mario said...

Pois si, eu tamén me alegrei moito e acto seguido corrín ao youtube a procurar o video que por certo non está, haberá que conformarse coa foto. Ver videos de Los Sencillos provócame a mesma sensación de inmensa estrañeza que entón.

2:42 da manhã  
Blogger Raposo said...

Dende logo como actor é un fenómeno.

12:57 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home