22 janeiro 2008

Na morte de Bobby Fischer 1.

Dende o pasado venres, cando soubemos da morte de Bobby Fischer, moitos artigos foron saíndo destacando os caracteres máis salientabeis da súa peculiar personalidade.
Neste blog fixéramos non hai moito unha reseña ao capítulo que lle adicara Garry Kaspárov na sua monumental obra verso os anteriores campións do mundo.
Máis coronoume hoxe ver nas páxinas de "El País" unha emotiva carta ao director asinada por Daniel Pizá, unha persoa excepcional e un fenomenal xadrecista, a quen eu tanto lle debo a nivel persoal, e que moito lamento o afastamento dos kilómetros ( e do tempo ) que agora nos separan - que non do cariño que lle profeso.

Velaí esta carta do maior especialista do mundo dos Beatles, e asemade o único arxentino a quen non lle gosta o fútbol.

Aínda que non saibas da existencia desta páxina, irmán Daniel, notarás unha aperta virtual.

Etiquetas:

3 Comentarios:

Blogger Cesare said...

Aos que levamos uns días devecendo por este post, sábenos a pouco. Confío nese 1.

3:31 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Para min só hai outros dous que se lle poden comparar: Thal e Capablanca. Ese é o meu trío de ases. Se tivera que ser poker, engaderíalle Anderssen.

12:44 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Hola. Soy Daniel Pizá y la verdad es te agradezco mucho tus palabras aunque no tengo ni idea de tu identidad. En realidad, somos muchos los argentinos a los que el fútbol no nos va ni nos viene (entre ellos el gran Borges. En cuanto al mayor especialista del mundo de los Beatles...bueno, no lo voy a desmentir. Sea quien seas te mando un abrazo y mi email por si quieres presentarte.
Daniel
daniel_piza@hotmail.com

2:38 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home