28 dezembro 2007

Plácido

No momento de escribir estas liñas poñen na 2 unha obra mestra do cine: "Plácido".
Niso das listas escribir é errar, porque o que pensas agora pode ser distinto dentro de cinco minutos: Cavilo eu que de faceres unha lista das melllores películas do cine español sen dúbida terían que estar presentes nos outeiros a devandita "Plácido", máis as do mesmo director "El verdugo" e "Bienvenido Mr. Marshall". E non andaría moi lonxe a por min adorada "Atraco a las tres". E das contemporáneas coronaríame ter ben arriba a "El año de las luces".
Afortunadamente seguen hoxe vivos algúns dos actores que fixeron posible esas marabillas: Manuel Alexandre, José Luis López Vázquez, Elvira Quintillá, Amparo Soler Leal, que fora muller do productor de "Plácido", Alfredo Matas.
E por suposto ao director Luis García Berlanga.

Ás veces penso que Jorge Manrique tiña razón, porque os tempos pasados, no cine, seica semelllan os mellores.

Etiquetas:

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Concordo en todo con vostede, salvo en que todo tempo pasado foi mellor. Por iso lle desexo un feliz ano 2008.

6:05 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Non digo que o fora, senón que o parece. Supoño que para valorar na súa medida as películas que se fan agora haberá que deixar pasar certo tempo.

1:31 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home