03 janeiro 2008

Jorge Ben

Probablemente o cantante brasileiro máis coñecido sexa Caetano Veloso - con permiso de Roberto Carlos ( non o futbolista). A meirande parte da xente, por pouco informada que esté, sóalles Chico Buarque ou o ministro Gilberto Gil. Pode que algo máis lonxanos fiquen Joao Gilberto, Tom Jobim ou o excelentísimo Vinicius de Moraes.
O Brasil é realmente un continente, e a música brasileira é a efectos prácticos infinita.
Pero eu creo que o músico máis subvalorado de entre todos os máis grandes músicos do mundo é Jorge Ben.
Agora que podo volver escoitar música de cd's no coche, acompáñame o "Samba esquema novo" do siareiro do Flamengo. E mentres consumo kilómetros creo ouvir reminiscencias jazzísticas que serían do agrado de Henry Mancini.
Jorge Ben é un xenio. Capaz, durante a súa propia vida, de que moita xente pense que as súas composicións son "populares", que xa forman parte do ser brasileiro. E capaces tamén de sobrevivir ás versións máis disparatadas.
Alegres, románticas e melodiosas, a súa escoita lévame a abrentes azuis dalgún verán vigués de cando aínda existía a señora Francis, coa brisa do Castro entrando pola xanela aberta e as melodías de Jorge Ben convidaban a sorrir.









Etiquetas:

4 Comentarios:

Blogger canceleiro said...

Boísimo o disco do MTV Unplugged e a mellor canción sen dúbida o mix entre "País Tropical" e "Spiru Jira" que puxeches en video.

¡¡¡Qué grande a música brasileira!!!

8:15 da tarde  
Blogger Mario said...

Grandísimo, aínda que ten unha produción tan grande que algún discos son algo irregulares. O "Samba Esquema Novo" non, que iso é unha xoia. Aver se me fago co MTV umplugged.
Sabes que mudou o nome a Jorge Ben Jor porque un erro burocrático lle estaba a dar os seus dereitos internacionais a George Benson? (lino por aí, pero non sei se crelo).

6:04 da manhã  
Blogger bouzafria said...

Algo oín, pero nunca sen moita profundidade.
A quen seguirei con atención de eiquí en adiante é a Ivete Sangalo.

7:04 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Todos eles son fenomenais, pero persoalmente sento unha especial simpatía por Tom Jobim e Vinicius de Moraes..¡Ai, A Garota de Ipanema!
Fenomenais eses vídeos.

1:02 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home