Un historiador no banco dos acusados.
Explicábao ben o personaxe de Alan Alda na excelente "Crimes and misdemeanors" de Woody Allen: "A comedia é traxedia máis tempo".
Por conseguinte, cando o tempo pase , é posible que poidamos facer chistes coas peripecias que ultimamente ven padecendo Dionisio Pereira.
Pero mentres non cheguen esos lonxanos días recoñezo que ao pensar neste asunto ( historiador acusado de inxurias por desenvolver eficazmente o seu traballo ) a verba que quere saír da miña boca é "grotesco".
Sei da boa capacitación da avogada de Dionisio e tamén dou fe do sentido común e capacidade de comprensión que adoita ter o fiscal que actuou o pasado martes no xuízo desenvolto na Estrada. Da xuíza teño ata o de agora tamén boas impresións: persoa razoable. Polo tanto non estou inquedo sobre o remate xudicial da historia.
Pero si estou pesaroso de termos chegado ata eiquí.
Os familiares dos represores deberían saber - pode que mellor que ninguén - que o concepto de "honra" non se transmite por herdanza. Que os pecados ( ou as virtudes ) dos pais, avós, irmáns ou fillos só a eles lles afectan, porque os parentes non son responsables dos actos e cualidades da familia.
Que o triste do asunto é estar a falar da honra dos descendentes dos opresores e da profesionalidade do traballo dos historiadores no canto de render cumprida homenaxe aos mortos e represaliados pola barbarie.

2 Comentarios:
Supoño que hai xente que aínda non coñece o significado do concepto liberdade de expresión.
Tamén supoño que non hai peor cego que o que non quere ver, a historia remite a uns feitos, están aí para ben e para mal, só hai que querer achegarse a eles, e decatarse como ti ben dis, que "os pecados ( ou as virtudes ) dos pais, avós, irmáns ou fillos só a eles lles afectan"...
Apretas para ese pequeno, e boa sorte ;)!
Graciñas, Jan.
Cecáis poida todo reducirse a unha verba: censura.
Enviar um comentário
<< Home