11 outubro 2007

Cine no verán

Aproveitamos as pasadas noites de agosto para ver cine na casa, aproveitando que os nenos durmían e que as xanelas abertas permitían a entrada dalgún aire fresco.
Deste xeito repasamos películas xa vistas, e exploramos por vez primeira algunhas máis ou menos novas.
Das xa vistas, decepcionoume "Charada": Tiña boas lembranzas dela, cando eu era neno. Agora desfíxose por completo, sobre todo o papel de Audrey Hepburn. Nin a súa boa intepretación, nin a de Cary Grant conseguen salvala.
Polo contrario, melloran co tempo "Con faldas y a lo loco" ( habería que meter na cadea aos que pasaban ao castelán os títulos das películas), "El guateque" e máis "Río Bravo" ( a de Hawks, non a de Chévere).
Eu xa vira "Léolo" e seguinme emocionando. A D., que non a vira nunca, non lle gustou.
Das primicias, había unha maliña: "Bajo el sol de la Toscana"; dúas notables: "Azul oscuro casi negro" e "The actors", (excelente coma sempre Michael Caine, guapísima Lena Headey); e outra de matrícula de honra: "La vida de los otros".

Etiquetas:

4 Comentarios:

Blogger Cesare said...

Cando vin Léolo por primeira vez, flipoume. Vina hai uns meses por segunda vez e quedei durmido... :)

9:48 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Eu quedei durmido en Apocalipse Now, nos cines Valle Inclán de Compostela. Pero bótolle máis a culpa á esmorga da noite anterior ca a escuridade da película de Coppola.
Recoñezo que tamén é certo que os tons ocres da fotografía de Léolo convidan a unha soneca. E ata pasaría como cantiga de berce o cold cold ground de Tom Waits.

11:38 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Sén dúbida tes bo gusto.Gracias a ti descubrín Léolo e sorprendeume gratamente.Vin o outro dia azul oscuro casi negro e fixo q cambiase a miña crítica opinión co cine español, boa nota para o primerizo director.Quero recomendar desde a miña ignorancia un filme sobresainte dun director sobrasainte, Promesas do leste, de David Cronenberg, nas salas de cine nestes momentos.Unha aperta

2:53 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

A do azuloscurocasinegro merece moito a pena: Marta Etura e o actor principal Quim Gutiérrez están estupendos. É boa película, pero Leolo non aguanta, como di Cesare, dous asaltos. Promesas do Leste é interesante só por ver a Viggo e a Naomí en estado de gracia. E por unha escea que mellor non conto, pero que... bueno mellor non conto.

8:54 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home