Campus Sur
O venres case esmago a un esquío bebé que atravesou, sen mirar e a carreira, a avenida das Burgas cara ao monumento de Acisclo Manzano, pasando antes polo xardín do Colexio Maior Rodríguez Cadarso, onde unha femia de ginkgo biloba leva uns días avisando da súa existencia mediante o seu anual fedorento cheiro.
O Campus está moi lindo en días coma este, de cálidas temperaturas e ceo azul. As árbores despídense do verán cos seus mellores ornatos, sabedoras de que o outono, máis cedo que tarde, está a chegar. Para daquela, volvo recomendar a visión inesquecíbel da caída á herba das follas amarelas dos tres ginkgos do estanque.
Desexaría que se estudara con máis vagar a historia do Campus Sur, nomeadamente o proxecto de Jenaro de la Fuente, que ficou inconcluso, pero que así e todo, adiú á capital da Galiza unha moi bela e recoñecible herdanza.
Aínda nas piores circunstancias ( lembro o outono e inverno de 2000 maila primavera de 2001: semellabamos estar en Macondo: douscentos setenta días consecutivos chovendo ) o Campus Sur mantén intacto todo o seu encanto.

Etiquetas: Compostela, outono
3 Comentarios:
Days Like This, in a Wonderful world.
"Estos dias azules, éste sol de la infancia", the last words Antonio Machado wrote before to die in 1939.
http://es.youtube.com/watch?v=fBQnqf4ejQM
Non sei, é un pouco como a aldea: no verán e nas festas estase moi ben, pero en inverno e polas mañás fai un frío...
É que os esquíos levan uns días un pouco parvos... ;)
A escea esa de Peckimpah, por que foi censurada?
Enviar um comentário
<< Home