O balbordo dos Aduaneiros
Xurdiron moitos comentarios nas últimas horas sobre a decisión de Aduaneiros sem Fronteiras de pechar a súa alfándega como resposta ao requerimento feito polo avogado da poetisa Yolanda Castaño no que solicitaba a retirada dos deseños gráficos - e posteriores comentarios - adicados á devandita poeta.
Os donos de Aduaneiros son evidentemente libres para tomar as decisións que consideren máis oportunas, por suposto; pero aducir tal requerimento para xustificar o peche seméllame desproporcionado. Máis natural aparenta simplemente moderar os comentarios e borrar os que resultaran inxuriosos, como natural consecuencia de ser mantedores dun sitio web; e mesmo se se quere, facer mención de tal moderación, para aviso de inxuriantes e inxuriada. E dende logo, non retirar o deseño gráfico, "que bien bonito te nos quedaba"; e que dificilmente podería ser atacado con argumentos legais. De ires ao final do asunto, o normal sería ( se falando de xuízos existira a verba "normal") que o xuíz desestimara a acusación de inxurias, porque é nidia a diferenza entre crítica e menosprezo.
Pero alá eles coa súa decisión, por moito que nos pese aos que fomos seguidores fieis do seu bo facer, sorprendidos case sempre polas súas ideas. Nos últimos meses eu lamentaba a moi irregular actualización da súa páxina, pero peor será no sucesivo coa súa definitiva ausencia, se as cousas non se dan rectificado.
Nunha situación totalmente desairada fica Yolanda Castaño, que aparece como culpable do peche ( cualificación inxusta ) e sen as boas características propias dun personaxe público: Non soubo aceptar unha crítica, e a súa resposta - intempestiva, esaxerada e contraproducente - déixaa aos pes dos cabalos dos internautas máis agudos.
A resposta foi intempestiva porque a entrada de Aduaneiros referida a ela levaba moitos meses exposta e as súas consecuencias negativas para ela - de as haber - xa estaban amortizadas.
Foi esaxerada, porque o uso dun requerimento - avogado por medio - revela que lle outorgaba unha gravidade ao asunto que probablemente non ten; engádase ademáis o feito de que ela é unha poeta, suxeita ás máis feroces críticas literarias, e que debería asumir como máximo principio da súa actividade a liberdade de expresión: propia e allea.
Contraproducente porque volve acender laparadas dunha cacharela xa hai tempo apagada.
Aínda que califico a acción da poeta como torpe hai unha cousa de todo este asunto que me molesta moitísimo: as descalificacións "ad hominem" contra ela. É probable que a súa personalidade non suscite a simpatía nalgunhas persoas, e mesmo poida ser que ela, coas súas decisións pasadas, provocara conscientemente tales reaccións ( "que falen dun, aínda que sexa ben"); pero iso non xustifica as descualificacións absolutas que está a recibir, máis alá das críticas xustificadas e razoadas que poida merecer.
Non coñezo a ninguén dos Aduaneiros: gostariame que voltaran.
Non coñezo a Yolanda Castaño, góstanme algunhas das súas poesías ( "Abecedarios baleiros" paréceme estupenda) e xente a que respecto e a coñece fálanme ben dela: gostariame que rectificara.

Etiquetas: liberdade de expresion
3 Comentarios:
O meu apoio a Aduaneiros. Iolanda Castaño paréceme cursi e engreída. Non a aturo.
Creo que está acertadísimo na visión do "suceso", señor da bouzafría.
E penso tamén que YC esperta moitas envexas por ter a vontade e a capacidade de converterse nunha marca cultural (con todo o de bo e de malo que iso poida ter). Daí tantas desconsideracións que, supoño, en parte van contra a súa imaxe máis que contra a súa obra ou a súa persoa, aínda que de todo hai.
Saúde.
Non existe peor linchamento que a indiferencia.
Se escoitan ou ven recitar en persona a Yolanda Castaño e a Estibáliz Espinosa ou a María Lado ou a Elvira riveiro verán que estas tres meréndanse con patacas á primeira, por presencia física sobre o escenario e categoría dos textos.
Hai que aceptar que unha personaxe pública é material opinable.
Para min que esa señora ten a vontade de converter nunha marca cultural, pero a capacidade é discutible. Non sei que anovación cultural trouxo a esta terra. Paréceme que é unha digna sucesora de fernán vello e unha copiadora de Novo ou Espinosa de aquí e de Pizarnik de fóra. O libro da egoísta parécese moito a un recopilatorio de Alejandra Pizarnik
Hai moitos intereses creados para que Castaño sexa protexida do sistema literario galego. Pero coido que nola queren meter con calzador aos lectores e vamos rebelando como podemos.
Enviar um comentário
<< Home