28 setembro 2007

Milagre

O pasado domingo fun testemuña directa por terceira - e probablemente derradeira - vez da milagre do nacemento dun bebé. Alí estaba: disciplinado, nervoso e tamén emocionado. Afortunadamente todo foi ben.
Deséxolle a ela, como aos seus dous irmáns maiores, aquilo que lles requiría Napoleón aos seus xenerais: Sorte na vida.

Etiquetas:

12 Comentarios:

Blogger R.R. said...

Se era seu, noraboísima. Se non, pois noraboa tamén porque supoño que será fillo de amigo ou familiar cercano e así disfrutará del sen ter que coidalo tanto...

Un abrazo.

10:42 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Noraboa a Bouzafria... K entre o milagre do nacemento e o milagre da morte se produza o milagre duhna vida larga, plena e ventureira. Saúdos.

9:50 da manhã  
Blogger bouzafria said...

Graciñas aos dous.
R.R: Supoño que meu, tanto ésta coma os dous anteriores. Polo menos a parturienta era a miña compañeira.
Hipatia: Decatarase que esta temporada que vén vou ter os sábados pola tarde moi ocupados. Prégolle que non me inscriban en actividades de lecer.

12:46 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Vaia alá a miña noraboa, Bouzafría, porque eses "milagres" deben de ser do mellor que a un lle pase na vida.

6:52 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Parabéns, milleiros de parabéns, para o pequeno, para os outros dous pequenos, para ti e para a túa compañeira, e por ese desexo que é o mellor que se lle pode dar alguén na súa vida.

Moitísima sorte a esa vida que comeza....

9:25 da tarde  
Blogger R.R. said...

¡Pois estendo a noraboísima a toda a familia! Bo número, cinco...

6:36 da tarde  
Blogger torredebabel said...

que ledicia, que ledicia! eu moito quixen ser testemuña do nacemento do meu fillo (e digo meu porque a parturenta era eu mesma) pero non se puido. Con todo foi emocionante e fermoso, de feito que podo imaxinar que este nacemento feliz tamén o foi. Noraboa con maiúscula para os pais e irmans!

1:43 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Pois nese punto paréceme ben o que decía Napoleón. Habendo sorte non falta nada bo.
Moitas felicidades dende Ferrol.

9:56 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Vólvovos reiterar o meu agarimoso agradecemento. Durmiremos pouco,(sobre todo a nai) pero estamos todos moi ledos.

10:50 da tarde  
Blogger paideleo said...

Pois o día anterior o meu Leo fixo un ano.
Noraboa por esta filla e saúde e sorte para ela e a nai.

1:27 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Noraboa, noraboa. Aínda chego a tempo? :)

5:27 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Como dicía Ana Belén: "para la ternura siempre hay tiempo". Graciñas.

11:43 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home