28 setembro 2007

Listas

No post anterior dicía eu rotundamente que o mellor escritor galego vivo é Quico Cadaval. Comparto esa tese con Manuel Rivas, o cal matizaba: "escribe no aire".
Entendo que a miña opinión é tan criticable como calquera outra. Haberá xente que opine que esa cualificación mérecea o propio Rivas, o escritor noso máis vendido alén do telón de grelos. Eu lin nalgún blog loas similares a Xabier Docampo, e por suposto a Méndez Ferrín.
O meu amigo Paulino Vázquez, poeta e xadrecista, opina que ese galardón é propiedade de Bieito Iglesias, e probablemente o seu xuízo esté tamén moi ben encamiñado.
A fin de contas, cada persoa ten o seu preferido, e está ben que así sexa.

Etiquetas:

4 Comentarios:

Blogger Manuel Ángel Candelas Colodrón said...

Eu sonlle de Bieitiño, pero os outros non están mal. Haberá que ir ver o Shakespeare de Cadaval.

8:26 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Haberá... Bieito tamén está no meu podium.

12:42 da tarde  
Blogger Marcos Valcárcel López said...

Dicía Casares sempre, cando lle preguntaban polo mellor escritor do mundo, cousa que facían a cotío, que "o mellor escritor" eran uns cen ou uns mil: todo é tan relativo!!! Pero é certo que todos os citados no post merecen a maior consideración (e outros que se poderían engadir, claro).

9:05 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Si, cada un ten os seus preferidos... mesmo os vai trocando segundo pasan os meses ou anos.

10:53 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home