18 julho 2007

Mil películas

O xornal inglés The Guardian publicou na última semana de xuño a súa lista de mil películas que segundo eles "hai que ver antes de morrer". Como todas as listas, esta non ía ser unha excepción, rechaman algunhas ausencias e máis aínda algunhas presenzas. Como era de prever, destácase unha ampla maioría relativa de films británicos, con algunhas pinguiñas consoladoras para as cinematografías de fala non imperial.
Dende logo non estou de acordo con esa lista - nin case con calquera -, pero foi no relativo ás películas de idiomas ibéricos onde as eleicións foron - segundo os meus criterios - máis disparatadas.
De seguido a xeira destas películas que seica merecen ser vistas antes de morrer (respecto o idioma inglés do título, as traduccións son obvias):
1. All about my Mother. Pedro Almodóvar. 1999
2. Amores perros. Alejandro González Iñárritu. 2000
3. Bombón el Perro. Carlos Sorín. 2004
4. La Ciénaga. Lucrecia Martel. 2001
5. City of God. Fernando Meirelles. 2002
6. Japón. Carlos Reygadas. 2002
7. Live Flesh. Pedro Almodóvar. 1997
8. Memories of Underdevelopment. Tomás Gutiérrez Alea. 1968
9. Los olvidados. Luis Buñuel. 1950
10. Pixote. Héctor Babenco. 1981
11. Soy Cuba. Mikhail Kalatozishvili. 1964
12. Spirit of the Beehive. Víctor Erice. 1973
13. El topo. Alejandro Jodorowsky. 1970
14. Viridiana. Luis Buñuel. 1961
15. Women on the Verge of a Nervous Breakdown. Pedro Almodóvar. 1988
16. Y tu mamá también. Alfonso Cuarón. 2001


Aínda que non se poden meter neste capacho, tamén son citadas: "Belle de Jour", "Un Chien Andalou" e "The discret charm of the Bourgeoisie" de Buñuel, e máis "The Others" de Amenábar.

Dezaseis, sumando portugués e castelán, entre mil películas. Porcentaxe ridícula. E moi discutibles as presenzas e clamorosas as ausencias. ¿Valen de algo estas listas, estes xogos? Si, para recordar as citadas e para nos mergullar nas nosas esquecidas sensacións para atopar as que non están.

Etiquetas:

10 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Onte pola noite descubrín que a miña conta de gmail foi inhabilitada, sen previo aviso, pola empresa google. Non sei sequera a qué pode deberse, pero sospeito que a culpa é dun mp3 que enviei a dous compañeiros de traballo para que escoitasen unha canción sobre a que me interesaba escribir.
Tentei poñerme en contacto cos xestores de Gmail e Google pero 24 horas despois non recibín resposta e non podo acceder ó meu correo, ós meus contactos, ó meu blog nin a algúns textos que tiña almacenados tanto nas páxinas de google (googlepages) como no arquivo do propio bló. Sinto usar o voso blog como plataforma de protesta pero é que no meu non podo publicar nada, evidentemente.
Deixovos as ligazóns dalgunhas noticias e comentarios relacionados (algún un tanto esaxerado) e recoméndovos prudencia e que dupliquedes as contas e usuarios do blog se queredes manter o acceso ó mesmo. Ou que non gardedes nas súas páxinas cousas ás que lles teñades aprecio.
http://www.maxglaser.net/sobre-el-peligro-de-concentrar-todos-tus-servicios-en-una-cuenta-de-gmail/
http://www.ojobuscador.com/2007/07/18/lo-sentimos-pero-su-cuenta-ha-sido-inhabilitada/
http://www.informediario.com/node/463/print
http://alquimistas.evilnolo.com/2006/08/09/se-cae-mi-mundo-gmail-inhabilito-mi-cuenta/
Se se me dá por abrir outro bló, fóra de Blogger, claro, tereivos avisados. Para que vaiades por outros camiños.
¡¡Coidadiño co que facedes!! ¡¡¡O Gran Irmán Google está mirando!!!
R.R.

6:07 da tarde  
Blogger rosa enriquez said...

oLA bOUZAFRÍA¡¡¡ Devólvoche o saúdo¡ Por certo o das listas é absurdo. Porque o criterio de determinadas persoas ten que contaminar o noso coñecemento e o descubrimento particular interferindo na nosa escolla?????
Un bico

2:34 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Ola Rosa Enríquez! Ás veces tamén nos abren camiños, non é? (Aínda que eu tamén estea en contra destas listaxes).

3:42 da tarde  
Blogger A Raíña Vermella said...

Isto é como a idea dun canon literario de imprescindibles: non poden ser mais ca unha escolla persoal e arbitraria, e o absurdo ven precisamente da vocación de universalidade. Quedo con Amores perros e coa de Cuarón, e sigo sen entender que demo lle ven os ianquis a Almodóvar.

11:19 da manhã  
Blogger Mario said...

Eu creo que o de Almodóvar colma a súa fame de pintoresquismo, algo que queren seguir tendo asociado ao Estado español. A de Cuarón, a mellor.

12:10 da manhã  
Blogger bouzafria said...

Alédome R.R. de que as cousas volvesen ao rego.
Eu non soporto a Almodóvar, paréceme vacuo e artificioso, ademáis de pedante e cun ego infinito. Abúrreme. E tamén as súas historias. Que esté Almodóvar e non, por exemplo, Fernando Leon de Aranoa ou El Sur de Erice ou algunha das vellas películas de Berlanga (Bienvenido..., Plácido, El verdugo) reflicte o pouco valor da listaxe esa.
Valdeorosa, tes eiquí a túa casa, entra se queres aínda que o dono non esté, como adoita.

11:46 da manhã  
Blogger R.R. said...

Coincido nas valoracións de Almodóvar, de León de Aranoa (aínda que ás veces montando mete a pata) e de Cuarón. E si, tamén creo que Berlanga debera estar e, como di a Maxestade, Amores Perros é do mellorciño...

E gracias, ;-D

11:49 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Algunha desas vou esperar a vela despois de morto.

8:39 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Carallo! O que nos chama a atención é que sexan mil as pelis que hai que ver antes de palmar. Pois os que non viran ningunha teñen que apurar, xa que empregándose a fondo (unha peli por día) fan falla case tres anos para velas todas.

12:56 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

¿Almodóvar de primeiro???????

10:37 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home